Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 6 de agosto de 2019 Páx. 35875

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo procedemento de libre designación, dun posto de xefe/a do Servizo de Atención Primaria de Abente y Lago, convocado mediante a Resolución do 31 de xaneiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 35, do 19 de febreiro).

Convocada mediante a Resolución do 31 de xaneiro de 2019 (DOG núm. 35, do 19 de febreiro) a provisión dun posto de xefe/a de Servizo de Atención Primaria de Abente y Lago, esta xerencia, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 168/2010, do 7 de outubro (DOG núm. 199, do 15 de outubro), polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe/a do Servizo de Atención Primaria de Abente y Lago, convocado mediante a Resolución do 31 de xaneiro de 2019 (DOG núm. 35, do 19 de febreiro).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. O aspirante seleccionado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a Resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrito ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo, e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, nos termos establecidos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 15 de xullo de 2019

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada da Coruña

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Atención Primaria de Abente y Lago.

Nome e apelidos: María José Pardiño Fernández.

DNI (*): ***3766**.

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal.