Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 6 de agosto de 2019 Páx. 35923

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente de reclamación de parcelas pertencentes ao monte veciñal en man común Foro de Mariñán, no concello do Barco de Valdeorras.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG), o acto administrativo sinalado no anexo.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, Servizo Xurídico-Administrativo, situadas na rúa Florentino L. Cuevillas, 4 e 6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Ourense, 19 de xullo de 2019

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: reclamación de parcelas do MVMC Foro de Mariñán no Barco de Valdeorras.

Persoa interesada: 34669620H.

Acto de notificación: requirimento de documentación.