Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 6 de agosto de 2019 Páx. 35871

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 26 de xullo de 2019 pola que se resolve o concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.

Mediante a Orde do 10 de xuño de 2019 (anunciada pola Resolución do 10 de xuño de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no Diario Oficial de Galicia núm. 114, do 18 de xuño) convocouse o concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica, 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Logo de realizada a valoración inicial pola comisión de selección, publicouse no portal da Internet da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional o baremo provisional dos méritos xunto coa proposta de adxudicación provisional de postos. Revisadas as reclamacións presentadas, con base no disposto polo artigo 7 da citada convocatoria,

DISPOÑO:

Primeiro. Facer pública, no anexo a esta orde, a adxudicación definitiva das postos obtidos no concurso público convocado pola referida orde.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 8 da citada orde, as persoas seleccionadas deberán incorporarse ás prazas obtidas con data do 1 de setembro do ano 2019, en réxime de comisión de servizos por un período dun ano e ata un máximo de seis, e con reserva do posto de traballo de orixe.

Terceiro. Contra esta orde, que lle pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular con carácter potestativo un recurso de reposición ante a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional

ANEXO

Denominación do posto

Apelidos e nome

DNI oculto

1. E.E. Antonio Escaño (591202)

Niebla Saavedra, Juan

***2193**

2. E.N. da Graña (590106)

Sánchez Iglesias, Beatriz

***3867**

4.1. Complexo Hospitalario A Coruña

Lizancos Mora, Laura

***5893**

4.2. Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

Iglesias García, María Jesús

***4204**

5.1. C.P. M. José Rábade Arias

Losada Vázquez, Eugenio

***8251**

6.1. Secretaría Xeral para o Deporte (Santiago)

Ferrer Alonso, Santiago

***8541**

6.2. Secretaría Xeral para o Deporte (Lugo)

Lorenzo López, Carlos

***5684**

7.1. Delegación Territorial da ONCE: A Coruña

Blanco Álvarez, María Dolores

***1041**

7.1. Delegación Territorial da ONCE: A Coruña

Vidal Vidal, Paula

***3516**

7.2. Centro base da ONCE: Ourense

Silva Baldonedo, María Lidia

***8047**

7.3. Centro recursos educativos “Santiago Apóstol”: Pontevedra

Domínguez Besada, Ana Belén

***8859**

8. Centros Aspanaes

Touriño Pintos, Ana Belén

***4474**

9. Afexdi Santiago de Compostela

Girón García, María José

***2914**

12. Asesor Abalar Desenvolvemento

Fernández Albor, Víctor Manuel

***8951**

13. Coordinadora da área de equipos de dinamización da lingua galega nos centros de ensino non universitario da provincia de Pontevedra

Valiño Ferrín, Isabel

***8019**