Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 6 de agosto de 2019 Páx. 35889

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 347/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 347/2018 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Jesús Manuel Suárez Denis contra a empresa Agrícola Compostela, S.L., Eduardo Porta Viu, Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolución:

Que estimando integramente a demanda interposta por Jesús Manuel Suárez Denis, contra Agrícola Compostela S.L., Eduardo Porta Viu como administrador concursal de Agrícola Compostela S.L., e contra o Fondo de Garantía Salarial, debo condenar e condeno a mercantil demandada a que lle abone á demandante a suma de 12.425,98 euros brutos polos conceptos desagregados no fundamento xurídico cuarto desta sentenza, máis os xuros previstos no artigo 1108 do Código civil respecto dos conceptos non salariais (compensación económica de vacacións) que comportan 473,27 € e os do artigo 29.3 do ET respecto dos conceptos salariais que comportan 11.952,71 €, desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución; condeno, así mesmo, a Eduardo Porta Viu na súa soa condición de administrador concursal de Agrícola Compostela, S.L. a aterse á devandita declaración e condena cos efectos legais inherentes a ela.

No que incumbe á responsabilidade do Fogasa non procede a súa condena nesta instancia, debendo aterse ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin fornecerán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos. Será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Agrícola Compostela, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza