Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 6 de agosto de 2019 Páx. 35927

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa (expediente 5681/2018).

De conformidade co disposto no ordinal oitavo da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas, impostas pola Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, cando as persoas responsables sexan descoñecidas, as notificacións efectuaranse por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, cos datos catastrais do terreo.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado dispoñerá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, mediante a comparecencia nas dependencias municipais, na rúa Curros Enríquez, nº 15, Xinzo de Limia, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Xinzo de Limia,10 de xuño de 2019

Elvira Lama Fernández
Alcaldesa

ANEXO

Expediente: 5681/2018.

Interesado: Antonio Salgado Alonso.

Acto de notificación: requirimento de cumprimento de obrigas en materia de xestión de biomasa vexetal.

Referencia catastral: 32033A109001110000UR.