Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 6 de agosto de 2019 Páx. 35880

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2019 pola que se corrixe a Resolución do 28 de xuño de 2019 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso como persoal laboral fixo do grupo I na categoría de técnico/a superior de I+D polos sistemas de promoción interna e de acceso libre.

Atendendo ao requirimento formulado pola Dirección Xeral de Custos de Persoal e Pensións Públicas do Ministerio de Facenda en relación coa resolución citada, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 128, do 8 de xullo de 2019, esta reitoría

RESOLVEU:

Primeiro. Proceder á corrección do punto primeiro da base primeira, de xeito que na páxina 32143, onde di: «1.1. Convócase proceso selectivo para cubrir sete (7) prazas con persoal laboral fixo da categoría de técnico/a superior de I+D da Universidade de Vigo, grupo I, catro (4) pola quenda de acceso libre e tres (3) pola quenda de promoción interna; en caso de que estas últimas non se cubran, acumularanse ás da quenda de acceso libre», debe dicir: «1.1. Convócase proceso selectivo para cubrir sete (7) prazas con persoal laboral fixo da categoría de técnico/a superior de I+D da Universidade de Vigo, grupo I, catro (4) pola quenda de acceso libre e tres (3) pola quenda de promoción interna».

Segundo. Abrir un novo prazo de presentación de solicitudes de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no punto segundo da base terceira da convocatoria.

Quen xa presentase a súa solicitude de participación non debe volver presentala, agás que desexe renunciar a ela, o que deberá formular por escrito perante o reitor da Universidade de Vigo.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 30 de xullo de 2019

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo