Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 7 de agosto de 2019 Páx. 36072

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 121/2019).

Eu, María Iria Roman Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 121/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Inmaculada Carpinteiro Botana contra Innovis Laboratorios, S.L.U., sobre despedimento, se ditou auto e decreto en data 10 de xullo de 2019, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Inmaculada Carpinteiro Botana, fronte a Innovis Laboratorios, S.A., parte executada, por importe de 9.603,41 euros en concepto de principal (2.197,71 de indemnización máis 7.405,70 euros de salarios) e de 960,34 euros en concepto provisional de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, e quedará a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á constitución do título, a non ser a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0121 19. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274 e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0121 19”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a maxistrada xuíza. Dou fe.

A maxistrada xuíza A letrada da Administración de xustiza».

E a parte dispositiva do decreto:

«Para dar efectividade ás medidas concretas, acordo:

Dar traslado á executante Inmaculada Carpinteiro Botana e ao Fondo de Garantía Salarial co fin de que no prazo de quince días poida designar a existencia de novos bens titularidade da executada e, no caso contrario, declararase a insolvencia desta.

Notifíqueselles ás partes, facéndoos saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta 5076 0000 64 0121 19. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274 e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0121 19”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a maxistrada xuíza. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírteselle a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que lle sirva de notificación a Innovis Laboratorios, S.L.U., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza