Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 7 de agosto de 2019 Páx. 36064

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Vigo

EDICTO (301/2018).

Eu, Margarita Caloto Goyanes, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Vigo, fago saber que nos autos de xuízo verbal 301/2018 seguidos neste xulgado se ditou sentenza de data do 3 de decembro de 2018, cuxos antecedentes de feito e parte dispositiva son do seguinte teor literal:

Antecedente de feito: a parte demandante Vicente Rodriguez Viú presentou demanda de xuízo verbal fronte a Albania Inmaculada García Vargas exercendo acción de repetición prevista no artigo 21.4 da LPH en reclamación de 5.100 euros aboados á Comunidade de Propietarios da avenida Guixar, 32, de Vigo, por cotas debidas posteriores á adquisición pola demandada da plena propiedade da vivenda, sita no 6º F do edificio da comunidade. Ademais, reclama 690,87 euros aboados en concepto de xuros por mora procesual devindicados pola anterior cantidade. Fronte a tal pretensión non contesta a demandada, a cal non compareceu polo que foi declarada en situación de rebeldía procesual.

Resolvo: estimo parcialmente a demanda e condeno a demandada a aboar ao demandante a suma de 4.972,77 euros, desestimando a demanda no demais e sen facer expresa imposición das custas. Contra a sentenza cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de 20 días.

Para que sirva de notificación á demandada Albania Inmaculada García Vargas, en paradoiro descoñecido, expido a presente comunicación.

Vigo, 15 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza