Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 7 de agosto de 2019 Páx. 36066

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 239/2019).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 239/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Antonio Domínguez Luaces contra Pinturas Restauraciones y Revestimientos, S.L. e Fogasa sobre despedimento, ditouse en data do 10 de xullo de 2019 sentenza cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolución.

Debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Juan Antonio Domínguez Luaces contra a entidade Pinturas Restauraciones y Revestimientos, S.L., en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento que a demandante foi obxecto con efectos do 7 de febreiro de 2019, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data do despedimento (7 de febreiro de 2019), ao cesar na súa actividade a anterior entidade, condenando a entidade Pinturas Restauraciones y Revestimientos, S.L., ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 4.758,01 euros.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito para interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social (ditas cantidades deberán ser aboadas, se é por transferencia bancaria, na conta que este xulgado ten no Banco Santander co número ES55 0049 3569 92 0005001274 debendo apuntar en concepto os seguintes díxitos: 4757000065 e número de expediente con 6 díxitos (4 para o número e 2 para o ano) e se é fisicamente nunha oficina do Banco Santander na conta número 4757000065 e número de expediente con 6 díxitos (4 para o número e 2 para o ano), acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ser condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pinturas Restauraciones y Revestimientos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de xullo de 2019