Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 8 de agosto de 2019 Páx. 36222

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Galicia Europa

EXTRACTO do Anuncio do 24 de xullo de 2019 polo que se convocan en 2019, en réxime de concorrencia competitiva, vinte (20) prazas de formación en actividades formativas dentro do programa de especialización en financiamento comunitario TecEuropa (código de procedemento PR816A).

BDNS (Identif.): 469249.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

As persoas beneficiarias das prazas de formación serán o persoal con relación laboral, estatutaria ou funcionarial nalgunha das entidades membros do Padroado da FGE: Xunta de Galicia (Administración xeral da Comunidade Autónoma ou entidades instrumentais do sector público autonómico), Abanca, Consorcio Zona Franca de Vigo, Deputación Provincial da Coruña e Deputación Provincial de Lugo, persoal con relación laboral, estatutaria ou funcionarial nalgunha das entidades locais galegas (concellos e deputacións) e persoal con relación laboral, estatutaria ou funcionarial en entidades públicas e privadas sen ánimo de lucro que deben ter o seu domicilio social e realizar as súas actividades maioritariamente en Galicia.

Segundo. Obxecto

O obxecto é convocar vinte (20) prazas para o desenvolvemento dunha edición de actividades formativas dentro do programa de especialización en financiamento comunitario TecEuropa.

A edición desenvolverase entre os días 11 e 15 de novembro en Bruxelas e o día 26 de novembro en Santiago de Compostela.

As actividades formativas concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

Terceiro. Bases reguladoras

As bases reguladoras do procedemento están recollidas no anexo I da Orde do 10 de maio de 2019 pola que se autoriza a Fundación Galicia Europa para realizar actividades formativas dentro do programa de especialización en financiamento comunitario TecEuropa e se aproban as bases reguladoras para a súa convocatoria (código de procedemento PR816A).

Cuarto. Importe

O importe total destinado ao financiamento das prazas para a actividade formativa ascende a un total de catorce mil euros (14.000,00 €). A FGE aboará un máximo de 700 € a cada persoa beneficiaria, segundo os orixinados, xustificados e pagados, unha vez que finalice a estadía en Bruxelas e se acredite a participación en todas as actividades. O prazo de xustificación será dun máximo de quince (15) días desde a finalización da actividade formativa.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes e da documentación complementaria será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2019

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente da Fundación Galicia Europa