Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 8 de agosto de 2019 Páx. 36180

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2019 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convoca a persoa aspirante que deberá realizar o primeiro exercicio (probas de lingua galega) do proceso selectivo, para acceso á escala técnica superior de administración, subgrupo A1, desta universidade, pola quenda de promoción interna.

Mediante Resolución reitoral do 29 de novembro de 2018 (DOG do 30 de novembro) convocáronse probas selectivas para cubrir 3 prazas na escala técnica superior de administración da USC, subgrupo A1, pola quenda de promoción interna.

Mediante Resolución reitoral do 26 de abril de 2019 (DOG do 13 de maio) nomeouse o tribunal cualificador e aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.

Mediante Resolución do 28 de xuño de 2019 (DOG do 9 de xullo) realízanse modificacións aos nomeamentos do tribunal cualificador das probas selectivas.

Rematado o prazo de reclamacións indicado anteriormente e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

resolvo:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas pola quenda de promoción interna ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC, nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web: https://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Terceiro. Convocar a persoa aspirante que por non estar exenta, deberá realizar o primeiro exercicio da fase de oposición (probas de lingua galega), o día 19 de setembro de 2019, ás 12.30 horas, na sala de reunións da Xerencia (rúa Nova, nº 6, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios efectuaraa o tribunal, nos locais onde se realizase o primeiro deles, no taboleiro electrónico, na Reitoría da universidade e na páxina web: https://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2019

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela