Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 9 de agosto de 2019 Páx. 36463

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 18 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica unha resolución ditada por esta xefatura territorial no procedemento BS650A (expediente 32/00273-I/16).

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentada a notificación dos actos administrativos no último domicilio coñecido das persoas interesadas sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanselles a través deste edicto as resolucións ditadas no procedemento ás persoas citadas no anexo, ou aos seus representantes debidamente acreditados, para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Ourense (rúa Sáenz Díez, 33, baixo), das 9.00 ás 14.00 horas, para coñeceren o texto íntegro da resolución e advertíndolles que, de non o faceren así, se terán por notificadas.

Advírtese que contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, cabe interpor reclamación previa á vía xurisdicional social, perante esta xefatura territorial, no prazo de trinta (30) días seguintes ao da data da súa notificación, conforme o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Ourense, 18 de xullo de 2019

María José Fernández Laso
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Procedemento BS650A

DNI/NIE

Núm. expte.

Resolución

Data da resolución

32406834H

32/000273-I/16

Extinción

29.12.2017