Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 9 de agosto de 2019 Páx. 36468

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANUNCIO do 29 de xullo de 2019, do Servizo de Consumo de Ourense, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 32S001-147-2019.

De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e no artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, despois de intentada a notificación persoal, de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese practicar, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa do Servizo de Consumo de Ourense.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo de Ourense na avenida de Zamora, nº 13, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 29 de xullo de 2019

Cristina E. Vázquez Gil
Xefa do Servizo de Consumo de Ourense

ANEXO

Expediente: 32S001-147-2019.

Interesada: Tienweb, S.L.

CIF/NIF: B56061740.

Acto notificado: inicio de expediente sancionador.