Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 9 de agosto de 2019 Páx. 36425

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 11 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación da revisión da autorización ambiental integrada da industria de fabricación de taboleiro aglomerado que Tableros Hispanos, S.L.U. posúe no concello de Lugo (expediente 2019-IPPC-M-29).

Para os efectos previstos no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), faise público que por espazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte o da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

• Memoria de revisión da Autorización Ambiental Integrada, para a súa adecuación ás conclusións das MTD.

• Promotora: Tableros Hispanos, S.L.U.

• Localización: estrada Lugo-Monforte, quilómetro 1, Nadela, 27160 Lugo.

Para que calquera interesado poida consultalo e, se for o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas, o documento estará á disposición dos administrados:

– Na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO I

Memoria resumen

Clave do expediente: 2019-IPPC-I-29.

Peticionaria: Tableros Hispanos, S.L.U.

CIF: B-27453398.

Dirección social e localización da instalación: estrada Lugo-Monforte, quilómetro 1, Nadela, 27160 Lugo. Coordenadas UTM (Fuso 29, Datum ETRS89): X: 621918; Y: 4757553.

Actividade: fabricación de taboleiro aglomerado, englobada no anexo I do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación; epígrafe 6.3. Instalacións industriais destinadas á fabricación de un ou máis dos seguintes taboleiros derivados da madeira: taboleiros de labras de madeira orientadas, taboleiros aglomerados ou taboleiros de cartón comprimido, cunha capacidade de produción superior a 600 m3 diarios.

Xustificación: o motivo da solicitude da revisión da autorización ambiental integrada é a publicación, 24 de noviembre de 2015 no Diario Oficial da Unión Europea da Decisión de execución da Comisión do 20 de novembro de 2015 pola que se establecen as conclusións sobre as mellores técnicas dispoñibles respecto á fabricación de taboleiros derivados da madeira, conforme a Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello, sobre as emisións industriais. Polo tanto, o 24 de novembro de 2019 a dita autorización ambiental integrada ten que estar revisada en base ao contido desta decisión.

Descrición do proceso: comprende as fases de preparación da madeira (almacenamento da materia prima, achado, secado das achas, cribado e refino), formación do taboleiro (encolado, formación, prensado, lixado e escuadramento), e de recubrimento con melamina.

Verteduras: a instalación realiza verteduras ao dominio público hidráulico de augas sanitarias, de augas de escorredura e de augas de limpeza (procedentes do lavado de ciclóns).