Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 9 de agosto de 2019 Páx. 36277

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 6 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2019 das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede de reservas da biosfera de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MT724A).

O Programa sobre persoas e biosfera (Programa MaB) é un programa intergobernamental da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (en diante, Unesco), que foi creado co obxectivo de establecer unha base científica para mellorar a relación das persoas coa súa contorna.

As reservas da biosfera son territorios cuxo obxectivo é harmonizar a conservación da diversidade biolóxica e cultural co desenvolvemento económico e social a través da relación das persoas coa natureza. Establécense sobre zonas ecoloxicamente representativas ou de valor único en ambientes terrestres, costeiros e mariños, nas que a integración da poboación humana e as súas actividades coa conservación son esenciais.

As reservas da biosfera son tamén lugares de experimentación e de estudo do desenvolvemento sustentable que deben cumprir tres funcións básicas:

a) Conservación da biodiversidade e dos ecosistemas que conteñen,

b) Desenvolvemento das poboacións locais e,

c) Unha función loxística de apoio á investigación, á formación e á comunicación.

A Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade, no seu artigo 50 inclúe, dentro das áreas protexidas por instrumentos internacionais, as reservas da biosfera declaradas pola Unesco. Engade, ademais, que o seu réxime de protección será o establecido nos correspondentes convenios e acordos internacionais, sen prexuízo da vixencia de réximes de protección, ordenación e xestión específicas cuxo ámbito territorial coincida total ou parcialmente coas devanditas áreas, sempre que se acorden ao previsto nos devanditos instrumentos internacionais.

De maneira máis específica, no capítulo I do título IV da lei (artigos 68 a 69) regúlase a Rede española de reservas da biosfera como un subconxunto definido e recoñecible da Rede mundial de reservas da biosfera. No seu artigo 70 recóllense as características que han de ter as reservas da biosfera para a súa integración e mantemento como tales.

No caso concreto da Comunidade Autónoma de Galicia, e mediante o Decreto 95/2017, do 21 de setembro, créase a Rede de reservas da biosfera de Galicia, en aras de facilitar a consecución dos fins destas reservas, por considerar que para o logro dos seus obxectivos é primordial o intercambio de experiencias e coñecementos. Forman parte desta rede os termos municipais pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia que conforman cada unha das reservas da biosfera e que se recollen no anexo VII desta orde:

a) Reserva da biosfera Terras do Miño (Lugo).

b) Reserva da biosfera Área de Allariz (Ourense).

c) Reserva da biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá (Lugo).

d) Reserva da biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (A Coruña).

e) Reserva da biosfera Río Eo, Oscos e Terras do Burón (Lugo, compartindo territorio co Principado de Asturias).

f) Reserva da biosfera transfronteiriza Xurés-Gerês (Ourense, transfronteiriza con Portugal).

Doutra banda, o Programa de desenvolvemento rural (en diante, PDR) de Galicia 2014-2020, aprobado por Decisión de execución da Comisión, do 18 de novembro de 2015 e modificado mediante as decisións de execución da Comisión CE (2017), 5420 final, do 26 de xullo de 2017, e CE (2018), 5236 final, do 30 de xullo de 2018, e CE (2019), 1707 final, do 16 de febreiro de 2019, e elaborado ao abeiro das disposicións do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Feader, e aprobado mediante a Decisión de execución da Comisión do 18 de novembro de 2015, recolle entre as súas liñas básicas de actuación: conservar e revalorizar o patrimonio natural de Galicia, promover a xestión sustentable dos recursos naturais e a loita contra o cambio climático e mellorar a calidade de vida da poboación rural fomentando a prestación de servizos básicos que axuden á fixación da poboación no medio rural, a creación de emprego e a redución do risco de pobreza.

En concreto, o parágrafo 1.f) do artigo 20 do Regulamento nº 1305/2013, establece axudas da Unión Europea cuxo obxectivo é a recuperación e rehabilitación do patrimonio natural. Ao abeiro deste artigo, o PDR de Galicia 2014-2020 incorpora a submedida 7.6: axuda para estudos/investimentos vinculados ao mantemento, a recuperación e a rehabilitación do patrimonio cultural e natural das poboacións, das paisaxes rurais e das zonas con alto valor natural, incluídos os seus aspectos socioeconómicos, así como as iniciativas de sensibilización ecolóxica. Con esta medida preténdese promover a conservación e valorización do patrimonio natural e cultural das zonas rurais, con actuacións específicas de protección e xestión en zonas Rede Natura 2000, así como noutras posibles zonas de elevado e contrastado valor natural, como é o caso das reservas da biosfera, que deberán enmarcarse nun instrumento de planificación (plan de acción dunha reserva da biosfera, plan de xestión dun espazo ou especie protexida, plan de ordenación cinexética, fomento de poboacións piscícolas ou plans técnicos de ordenación dos aproveitamentos piscícolas) ou ser coherentes con eles, en especial coa normativa establecida nos instrumentos de planificación aprobados pola Administración autonómica. Tamén deben realizarse en coherencia cos plans de desenvolvemento de municipios e poboacións das zonas rurais e os seus servizos básicos, no caso de que existan, ou coas estratexias de desenvolvemento local pertinentes.

En particular, o obxectivo será financiar a restauración dos ecosistemas naturais, os proxectos orientados á posta en valor da riqueza natural e paisaxística das zonas rurais e a conservación do patrimonio inmaterial, inventarios, estudos, campañas de concienciación sobre o medio ambiente e actividades de información e sensibilización para a conservación do patrimonio natural.

O réxime xeral das axudas e subvenciones na nosa comunidade autónoma establécese nas disposicións básicas da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, modificada en última instancia pola Lei 13/2015, do 24 de decembro. A nivel regulamentario, a normativa principal está representada polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007. Esta orde cumpre as exixencias da citada normativa.

O Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda sinala, no seu artigo 11, que a Dirección Xeral de Patrimonio Natural exercerá as competencias e funcións atribuídas á consellería en materia de conservación, protección, uso sustentable, mellora e restauración do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia e dos seus elementos etnográficos e a súa preservación para as xeracións futuras e, en particular, atribúeselle no parágrafo 1, letra f), a conservación específica dos espazos que compoñen a Rede galega de espazos protexidos e a Rede Natura 2000 de Galicia ou outras zonas de alto valor ambiental, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos.

De acordo co anteriormente exposto, respectando os contidos da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade, en concordancia co disposto no artigo 27.15 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Finalidade e obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2019 (procedemento MT724A) das axudas recollidas no parágrafo 1.f) do artigo 20 do Regulamento 1305/2013 (UE) do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader); axudas recollidas no marco da operación 7.6 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia para o período de programación 2014-2020, cuxa denominación é estudos e investimentos vinculados á conservación do patrimonio cultural, natural e sensibilización ecolóxica.

A finalidade desta orde é promover a conservación e valorización do patrimonio natural e cultural de zonas rurais cun elevado e contrastado valor natural como son as reservas da biosfera.

Artigo 2. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarios destas axudas os concellos incluídos no ámbito territorial de calquera das reservas da biosfera de Galicia.

2. É condición necesaria para a admisibilidade das accións que estas estean incluídas especificamente ou ben sexan coherentes cun instrumento de planificación: plan de acción dunha reserva da biosfera, plan de xestión dun espazo ou especie protexida, plans de ordenación cinexética, plans de xestión de poboacións ictícolas e plans técnicos de ordenación dos aproveitamentos piscícolas, entre outros. Ademais, realizaranse en coherencia cos plans de desenvolvemento dos municipios, cando existan os devanditos plans ou, de ser o caso, coas estratexias de desenvolvemento local pertinentes.

3. En especial, se a actuación se realiza dentro dun espazo natural protexido, debe ser acorde coa normativa establecida nos instrumentos de planificación aprobados pola Administración autonómica.

4. Por tratarse dun requisito de admisibilidade, farase referencia obrigada no anexo I desta orde á disposición, ao acordo ou á decisión pola que se aprobou o instrumento de planificación en que se enmarca ou tipifica a actuación proposta. Comprobarase ao longo do procedemento a súa validez e vixencia.

5. Os investimentos realizaranse sobre propiedades da entidade beneficiaria da axuda e sempre que a súa execución non corresponda a persoas xurídicas de dereito privado, aspecto que se comprobará ao longo da tramitación deste procedemento. Tampouco se considerarán subvencionables os investimentos para os que exista unha reserva de dominio ou cesión a favor de terceiros.

6. Non será subvencionable a compra e instalación de maquinaria ou equipos de segunda man, nin os gastos relativos ao traslado de maquinaria xa existente ata o local ou emprazamento do proxecto.

7. Os investimentos en maquinaria e equipamentos financiados mediante leasing poden ser subvencionables se existe un compromiso de adquisición do ben ao termo do contrato de leasing e, en todo caso, dentro do prazo previsto para a execución do proxecto.

8. En ningún caso poderán ter a condición de entidades beneficiarias aquelas que concorran nalgunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

9. Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta orde as deputacións provinciais e as mancomunidades de concellos.

Artigo 3. Réxime e principios de aplicación

1. Estas axudas tramitaranse en réxime de publicidade, transparencia, concorrencia competitiva, obxectividade, igualdade e non discriminación; así como de eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados nesta orde e de eficiencia na asignación e uso dos recursos públicos, tal e como se establece no artigo 5.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

2. En cumprimento co disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo serán comunicados á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

3. Conforme ao anterior e ao artigo 6.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, esta orde publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (https://cmaot.xunta.gal/axudas-e-subvencions).

Artigo 4. Ambito territorial

Para os efectos do seu financiamento a través do PDR 2014-2020, as axudas desta convocatoria aplicaranse a proxectos que se desenvolvan en zonas rurais (ZPP) ou intermedias (ZIP) daqueles concellos incluídos no ámbito territorial de calquera das reservas da biosfera de Galicia (anexo VI que acompaña esta orde). Deben considerarse non admisibles as actuacións desenvoltas en parroquias definidas como densamente poboadas (ZDP), recollidas no anexo IX.

En ningún caso financiaranse actuacións en solo forestal que estean previstas no artigo 25 do Regulamento (UE) 1305/2013.

Artigo 5. Actividades subvencionables e importe

1. Poderán ser obxecto das axudas previstas nesta orde as seguintes actividades:

a) Restauración de ecosistemas naturais como prados de sega, soutos de castiñeiros ou bosques de ribeira, así como a eliminación de especies exóticas invasoras e restauración da vexetación característica.

b) Proxectos de creación, mellora e adecuación de centros de interpretación da natureza.

c) Proxectos de sinalización (en relación cos plans de xestión dos espazos naturais ou da vida silvestre, como sinalización de zonas de caza ou pesca).

d) Proxectos de creación e mellora de sendas peonís, pasarelas, refuxios de pesca (en relación cos plans de ordenación piscícola ou cinexéticos).

e) Proxectos de conservación do patrimonio inmaterial (etnobotánica, folclore, música, etnoloxía, etc).

f) Realización de inventarios/estudos sobre o seguimento e estado de conservación das especies de flora e fauna e os seus hábitats.

g) Campañas de concienciación ambiental.

h) Actividades de información e/ou sensibilización para a conservación do patrimonio natural (charlas, xornadas informativas, exposicións, actividades interactivas, etc.).

2. Poden ser obxecto de axudas, sempre que se enmarquen nunha das actividades anteriores:

a) Construción, adquisición ou mellora de bens inmobles.

b) Compra ou arrendamento con opción de compra de nova maquinaria e equipos ata o valor do mercado do produto.

c) Custos xerais vinculados ao investimento: honorarios á asistencia en arquitectura, enxeñaría e ao asesoramento en xeral.

d) Honorarios relativos ao asesoramento sobre a sustentabilidade económica e ambiental, incluídos os estudos de viabilidade.

3. No caso dos investimentos realizados nas actuacións 1.a), 1.c), 1.e), 1.f), 1.g), 1.h) 2.c) e 2.d) deste artigo concederase o 100 % do custo subvencionable. Para as restantes actuacións 1.b), 1.d), 2.a) e 2b), establécese unha intensidade da axuda do 80 % do custo subvencionable.

4. Dentro das accións recollidas no parágrafo 1.a) deste artigo, como a restauración de prados de sega e soutos de castiñeiros, excluiranse os gastos non relacionados co servizo público: non serán subvencionables as actuacións produtivas realizadas en terreos agrícolas obxecto de subvención a través doutras medidas do PDR.

5. O importe máximo será de 30.000 euros/proxecto e só se admitirá unha solicitude de axuda e un único proxecto por solicitante.

6. Dada a natureza dos investimentos subvencionables, estes débense manter afectos para o fin para o cal se lles concedeu a subvención, como mínimo durante cinco anos.

7. En ningún caso serán subvencionables aquelas actuacións ou actividades que non sexan respectuosas coas finalidades e obxectivos dos espazos naturais protexidos que formen parte da zona núcleo da reserva da biosfera ou que poidan poñer en perigo os valores que xustifican a protección deses espazos, recollidos segundo as prescricións contidas na normativa aplicable a estes espazos.

8. O IVE non será subvencionable.

9. En todo caso, os gastos elixibles axustaranse ao establecido nos artigos 45 e 46 do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derroga o Regulamento (CE) 1686/2005 do Consello, e ao establecido no artigo 13 do Regulamento delegado (UE) 807/2013 da Comisión.

10. Os custos vinculados ás operacións de investimento, tales como honorarios á asistencia en arquitectura, enxeñaría, ao asesoramento en xeral ou sobre a sustentabilidade económica e ambiental, incluídos os estudos de viabilidade, aos cales se refire o artigo 45.2.c) do Regulamento (UE) 1305/2013, non poderán superar o 12 % do custo subvencionable do investimento.

11. Segundo o artigo 60 do Regulamento (UE) 1305/2013, unicamente se consideran subvencionables os gastos efectuados despois de presentarse a correspondente solicitude á autoridade competente (con excepción dos custos xerais previstos no artigo 45, número 2, letra c), en relación coas operacións de investimento efectuadas no marco de medidas incluídas no ámbito de aplicación do artigo 42 do TFUE).

12. Non serán subvencionables os custos de mantemento e/ou funcionamento.

13. En ningún caso serán subvencionables os gastos que non se axusten aos fins da medida, os non relacionados directamente co servizo público, os non axustados no seu dimensionamento e capacidade ás actividades para desenvolver, o material funxible, os gastos correntes ou as taxas e licenzas administrativas, os investimentos que substitúan a outros anteriormente financiados polo Feader en que aínda non pasasen 5 anos desde a realización, así como os investimentos en locais cuxa construción ou adquisición fosen subvencionadas anteriormente polo Feader sen que pasasen 5 anos desde a súa execución.

14. As obras obxecto de subvención deberán axustarse á lexislación vixente e, en particular, a entidade interesada deberá contar coas licenzas e autorizacións preceptivas que sexan esixibles polas diferentes administracións públicas competentes e entidades vinculadas ou dependentes delas ao abeiro da normativa sectorial que puidese resultar de aplicación. No caso de ser aprobada, a actuación entenderase autorizada no ámbito da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, no caso de ser necesaria a dita autorización.

15. A entidade beneficiaria poderá subcontratar totalmente a actividade ou acción subvencionada, respectando, en todo caso, as prescricións contidas no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e na súa normativa de desenvolvemento, así como na normativa que regula a contratación do sector público. Igualmente, e para garantir a moderación de custos para todos os gastos incluídos na solicitude de axuda, deberán solicitarse como mínimo tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación e presentalas xunto coa solicitude de axuda. En ningún caso poderanse subcontratar actividades que aumenten o custo da actividade subvencionada e non acheguen valor engadido ao seu contido. Non serán subvencionables os custos relativos aos seguintes contratos: a) os que aumenten o valor de execución da operación sen achegar un valor engadido; b) os celebrados con persoas intermediarias ou asesoras cuxo pagamento consista nunha porcentaxe do custo total da operación, a non ser que a persoa beneficiaria xustifique ese pagamento por referencia ao valor real do traballo realizado ou dos servizos prestados.

16. Tamén se exixirá a presentación de tres ofertas no caso de contratos menores.

17. O panel explicativo o que se refire o artigo 16 desta orde será subvencionable.

Artigo 6. Criterios de valoración

As axudas concederanse con base nos criterios de valoración que se indican a continuación, en réxime de concorrencia competitiva:

1. En función do tipo de actuación:

a) Actuacións que corrixen totalmente os impactos visuais nun núcleo tradicional incluído nalgún roteiro da oferta de uso público dun espazo: 25 puntos.

b) Actuacións que corrixen parcialmente os impactos visuais nun núcleo tradicional incluído nalgún roteiro da oferta de uso público do espazo: 20 puntos.

c) Actuacións que corrixen impactos paisaxísticos en elementos da contorna dun núcleo rural tradicional ou ao longo dun roteiro da oferta de uso público dun espazo: 15 puntos.

d) Actuacións de corrección de impactos en núcleos non vinculados directamente á oferta de uso público do espazo: 10 puntos.

e) Outras correccións de impactos paisaxísticos: 5 puntos.

2. En función dos beneficios sociais xerados pola actividade:

a) Actuacións nun elemento patrimonial comunal que mantén o seu uso na actualidade: 10 puntos.

b) Actuacións nun núcleo rural tradicional habitado: 10 puntos.

c) Actuacións para un uso público museístico ao dispor do público: 5 puntos.

3. En función do grao de adecuación da actividade proposta ás liñas de actuación establecidas no correspondente plan de acción da reserva da biosfera de que se trate e ás directrices de xestión establecidas no Plan director da Rede Natura 2000:

a) Actuacións recollidas como prioridades de actuación e medidas do plan de acción da reserva da biosfera: 25 puntos.

b) Actuacións recollidas noutros instrumentos específicos de planificación e xestión do espazo protexido: 15 puntos.

c) Actuacións non incluídas na planificación do espazo pero recollidos no Marco de acción prioritaria para a Rede Natura 2000 en España para o período de financiamento 2014-2020: 10 puntos.

d) Actuacións diferentes das anteriores: 5 puntos.

4. En función da localización xeográfica das actuacións:

a) Actuacións situadas en núcleos tradicionais de especial interese turístico ou situadas ao longo de roteiros e itinerarios da oferta dunha reserva da biosfera que ademais estean incluídos en lugares da Rede Natura 2000 ou outros espazos da Rede galega de espazos protexidos: 20 puntos.

b) Outras actuacións situadas en lugares de reservas da biosfera que ademais estean declarados como lugares da Rede Natura 2000 ou outros espazos da Rede galega de espazos protexidos: 15 puntos.

c) Actuacións situadas en núcleos tradicionais de especial interese turístico ou situadas ao longo de roteiros e itinerarios da oferta das reservas da biosfera correspondente: 10 puntos.

d) Outras actuacións en reservas da biosfera: 5 puntos.

5. En función da porcentaxe da superficie do municipio incluída na Rede Natura 2000, primándose aqueles con maior porcentaxe de superficie dentro da Rede Natura 2000:

a) Máis do 60 % da superficie do municipio está incluída na Rede Natura 2000: 25 puntos.

b) Entre o 30 % e o 60 % da superficie do municipio está incluída na Rede Natura 2000: 15 puntos.

c) Menos do 30 % da superficie do municipio está incluída na Rede Natura 2000: 10 puntos.

6. En función da poboación do municipio, dando prioridade aos de menor poboación:

a) Municipios de menos de 5.000 habitantes: 15 puntos.

b) Municipios con poboación entre 5.000 e 10.000 habitantes: 10 puntos.

c) Municipios de máis de 10.000 habitantes: 5 puntos.

7. En función da porcentaxe de afiliacións á Seguridade Social en agricultura das persoas residentes no municipio, dando prioridade aos de maior actividade agraria:

a) Municipios en que máis do 10 % das afiliacións á Seguridade Social son no réxime agrario: 15 puntos.

b) Municipios en que as afiliacións á Seguridade social no réxime agrario están entre o 7 e o 10 %: 10 puntos.

c) Municipios en que menos do 7 % das afiliacións á Seguridade Social son no réxime agrario: 5 puntos.

Artigo 7. Baremación e criterios de desempate

1. As axudas solicitadas serán baremadas segundo os seguintes criterios xerais de valoración:

a) A puntuación máxima dunha operación será de 135 puntos.

b) O limiar mínimo para ser subvencionable unha operación será de 55 puntos, dos cales 25 deben obterse nos tres primeiros criterios.

c) A igualdade de puntos, darase prioridade aos proxectos localizados na súa totalidade en zonas da Rede Natura 2000.

2. A dispoñibilidade orzamentaria asignada a esta convocatoria limitará o número de expedientes que se vaian aprobar. Neste sentido, ordenaranse os investimentos solicitados de acordo cos criterios de valoración indicados no artigo anterior e aprobaranse estes investimentos de maior a menor puntuación ata esgotar o orzamento dispoñible e, de ser o caso, aplicando a regra de desempate especificada anteriormente.

Artigo 8. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes, anexo I, será de 1 mes contado a partir do día seguinte ao publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes irán dirixidas aos servizos de Patrimonio Natural da xefatura territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda correspondente. Entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

2. As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), de conformidade co establecido no artigo 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e das entidades dela dependentes.

3. Se se presenta a solicitude presencialmente, requirirase a súa emenda a través da súa presentación electrónica. Para tales efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

4. Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Artigo 9. Documentación necesaria

Xunto coa solicitude, deberá presentarse copia da seguinte documentación:

1. Para toda persoa interesada:

a) Acreditación do/da representante que figure na solicitude por calquera medio válido en dereito de acordo co disposto no artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

b) Anteproxecto ou memoria técnica das actuacións asinada por persoal técnico competente xustificativa das accións que deberá conter, como mínimo, a descrición de traballos ou actividades xustificando na ZEC en que se vai traballar, a superficie de actuación e os obxectivos ambientais aos cales contribuirá a actuación, a relación valorada, os planos de situación e detalle, o orzamento detallado e co IVE desagregado, o calendario e o prazo aproximado de execución. No caso de prever recorrer a medios propios da entidade, presentarase a documentación do proxecto desagregado diferenciando o custo da man de obra que vai usar xunto cos seus previsibles custos materiais. Achegaranse, como mínimo, os datos indicados no anexo III.

Cando a axuda solicitada sexa aprobada e o investimento supere os 12.000 € presentarase, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución de concesión da axuda, un proxecto cos mesmos datos que o documento descritivo, asinado por persoal técnico competente. No caso de que a documentación técnica presentada xunto coa solicitude cumpra con todos os requisitos exixibles a un proxecto de obra, non será necesaria a presentación dun novo proxecto debendo a persoa beneficiaria comunicalo ao Servizo Provincial de Conservación da Natureza no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución de concesión.

c) Tres ofertas de tres empresas diferentes orzando a execución daquelas unidades que se prevexa executar mediante contratación. Os prezos das unidades de obra das actuacións subvencionables deben axustarse ao valor de mercado. As ofertas presentadas deberán incluír os mesmos elementos para ser comparables. Débese respectar a moderación de custos tal como establece o artigo 48.2.e) do Regulamento de execución (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014. Para iso, e para todos os gastos incluídos na solicitude de axuda, deberase solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación e presentalas xunto coa solicitude de axuda. As ofertas presentadas para cada gasto deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou a subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta, salvo no caso da compra de terreos e edificacións.

b) Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nin coa entidade solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.

c) Deberán incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa ofertante, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír, no caso de obra civil e instalacións, a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúa, no caso de equipamentos, a súa marca, modelo e características técnicas e, no caso de presentación de servizos, a descrición detallada destes.

Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o cal poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme aos criterios de eficiencia e economía, e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables que polas súas características especiais non exista no mercado suficiente número de entidades que o ofrezan, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe dun taxador, perito ou dun organismo público autorizado no cal se determine xustificadamente o seu valor de mercado.

Non se considerarán subvencionables os gastos en que non se xustifique a moderación de custos conforme os criterios e requisitos sinalados neste punto.

d) Autorizacións ou permisos correspondentes para levar a cabo a intervención ou, polo menos, a súa solicitude.

2. Débese presentar, ademais, a seguinte documentación complementaria:

a) Certificación expedida pola secretaría do concello relativa á resolución adoptada polo órgano local competente, na cal dispón solicitar a subvención regulada nesta orde e da dispoñibilidade dos terreos, en caso de ser necesario.

b) Certificación expedida pola secretaría do concello relativa á titularidade municipal do ben, no caso de que estean previstas actuacións sobre bens inmobles.

A documentación complementaria presentarase obrigatoriamente por vía electrónica. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presentan. Se presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para toda persoa interesada:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante, de ser o caso.

c) Documento que acredite a titularidade dos terreos ou bens.

d) Certificado de estar ao día nas obrigacións tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.

g) Fichas Sixpac das parcelas beneficiadas pola acción a partir das referencias proporcionadas pola entidade solicitante.

2. No caso de que as entidades interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no anexo I e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilita a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 11. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 12. Propiedade intelectual

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda poderá reproducir, almacenar e distribuír por calquera medio, electrónico, en soporte papel ou outros semellantes, a información obtida nos traballos subvencionados mediante esta orde de convocatoria de axudas, citando as fontes das persoas titulares dos dereitos de propiedade intelectual e respectando, en todo caso, as prescricións contidas na normativa de protección de datos de carácter persoal.

Artigo 13. Órganos de xestión e resolución

1. A avaliación da documentación presentada xunto coa solicitude realizarana os servizos de Patrimonio Natural das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. En relación coa solicitude de axuda, o órgano instrutor comprobará que a operación cumpre as obrigacións establecidas pola normativa da Unión Europea, a lexislación nacional e o Programa de desenvolvemento rural, entre elas as relativas ás axudas estatais e demais normas e requisitos obrigatorios.

2. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano instrutor requirirá a entidade interesada para que a emende no prazo de 10 días, nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, coa indicación de que, se así non o fixese, terase por desistido da súa solicitude, logo de resolución que deberá ditarse nos termos previstos no artigo citado.

3. Os servizos de Patrimonio Natural das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda remitirán á Dirección Xeral de Patrimonio Natural os expedientes, xunto cun informe-proposta de aprobación e unha táboa coa baremación proposta das solicitudes segundo os criterios reflectidos no artigo 6 desta orde e doutro informe complementario relativo a cada unha das solicitudes asinado polo persoal técnico competente desta consellería, en que se indique se a actuación está incluída especificamente ou é coherente cun instrumento de planificación. No caso de que a acción ou a actividade se realice nun espazo natural protexido, o informe ambiental debe analizar se é respectuosa coas finalidades e obxectivos e non pon en perigo os valores de protección do devandito espazo, ademais de constituír un uso permitido ou autorizable no/nos instrumentos de planificación.

4. Os expedientes serán avaliados definitivamente por unha comisión creada para tal fin. Esta comisión estará composta pola persoa titular da Subdirección Xeral de Espazos Naturais, que a presidirá, e polas persoas titulares da xefatura do Servizo de Conservación de Espazos Naturais e da xefatura da Sección de Espazos Naturais nos servizos centrais. Esta última actuará como secretaria. Auxiliará á comisión de avaliación unha persoa, que sexa técnica da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, designada para tal efecto pola persoa titular. A composición da comisión de avaliación procurará unha composición equilibrada entre homes e mulleres.

5. Se algunha das persoas integrantes da comisión non puidese participar nunha sesión por calquera causa, será substituída por unha persoa funcionaria da Dirección Xeral designada pola persoa titular.

6. A comisión de avaliación dará traslado das súas propostas de resolución á persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural a quen corresponderá ditar a resolución do procedemento de acordo co disposto na disposición derradeira primeira desta orde.

7. A proposta de resolución, conforme os criterios contidos no artigo 6 e as dispoñibilidades orzamentarias, fará mención ás entidades para as cales se propón a concesión de subvención, e a contía desta de modo individualizado, especificando a súa avaliación segundo a aplicación dos criterios seguidos para efectuala. As solicitudes para as cales se propoña a súa denegación relacionaranse con indicación da súa causa.

Artigo 14. Resolución

1. O prazo para resolver será de tres meses desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

2. Transcorrido o prazo para resolver sen que a entidade interesada recibise comunicación expresa, entenderanse desestimadas as súas pretensións por silencio administrativo, conforme prevé o artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, sen prexuízo de obrigación legal de resolver expresamente conforme ao disposto nos artigos 21 e 25 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

3. Na resolución que se dite especificaranse os gastos subvencionables, o importe da subvención concedida, os prazos de execución e as condicións xerais e particulares da subvención. Informarase as entidades beneficiarias de que a medida se subvenciona en virtude dun programa cofinanciado polo Feader, no marco da submedida 7.6 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020. Informaráselles igualmente das súas responsabilidades de publicidade segundo o establecido no anexo III do Regulamento de execución (UE) 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo. En todo caso, o prazo para a execución será improrrogable.

4. A resolución motivarase de conformidade co disposto nesta orde e na lexislación vixente en materia de subvencións. Constará da relación de entidades solicitantes ás cales se lles concede a axuda, de maneira expresa e, de ser o caso, a desestimación do resto das solicitudes.

Artigo 15. Recursos

1. A resolución ditada poñerá fin á vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou ou ser impugnada directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, conforme dispoñen os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

2. O prazo para a interposición de recurso de reposición será dun mes, se o acto é expreso. Transcorrido o devandito prazo, unicamente poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, sen prexuízo, de ser o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión. Se o acto non é expreso, a entidade solicitante poderá interpoñer recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto.

3. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución do recurso será dun mes. Contra a resolución dun recurso de reposición non poderá interpoñerse de novo o devandito recurso.

4. Poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses se a resolución é expresa.

Artigo 16. Publicidade, transparencia e bo goberno

1. A relación das subvencións concedidas publicaranse no Diario Oficial de Galicia coa indicación de norma reguladora, entidade beneficiaria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

2. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes servizos públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das entidades beneficiarias e a referida publicidade.

3. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración coa que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

4. Por outra banda, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, tramitarase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

5. A entidade beneficiaria das axudas deberá cumprir coa exixencia de publicidade da axuda concedida ao abeiro do artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e a súa normativa de desenvolvemento.

6. Así mesmo, conforme ao anexo III do Regulamento (UE) 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1305/2013, e ás prescricións técnicas establecidas na Estratexia de información e publicidade do PDR 2014-2020 de Galicia, a entidade beneficiaria das axudas deberá cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do fondo Feader. Deste xeito, sempre que a execución da actividade o permita, deberá poñer un panel de tamaño A3 (297×420 mm), nun lugar ben visible, preferentemente no acceso ao recinto nos casos das subvencións concedidas para investimentos materiais (anexo VII), que fará referencia clara e inequívoca á axuda concedida con expresión dos datos identificativos desta orde, acompañados polo logotipo oficial da Xunta de Galicia e da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, o logotipo do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o logotipo e lema do Feader, así como unha referencia á medida do PDR de Galicia pola que se financia o investimento. Antes da súa instalación, deberá solicitarse a aprobación do servizo de Patrimonio Natural correspondente. A entidade beneficiaria deberá proporcionar información sobre o proxecto no cal destacará a axuda financeira da Unión Europea, e que deberá permanecer durante todo o período de mantemento do investimento.

7. Farase mención á axuda financeira da Unión na páxina web oficial dos concellos beneficiarios.

Artigo 17. Notificación da resolución e aceptación

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás entidades interesadas avisos de posta ao dispor das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. Neste caso as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, e entenderanse rexeitadas cando transcorresen 10 días naturais desde a posta ao dispor da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico practicarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. A axuda entenderase aceptada se no prazo de 10 días naturais contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución de concesión da dita axuda, a entidade beneficiaria non comunica a súa renuncia (anexo IV) ante a Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

Se así non o fixer no indicado prazo, entenderase que a acepta.

7. No caso de renuncias por parte de entidades beneficiarias, poderanse ditar novas resolucións en función das dispoñibilidades orzamentarias derivadas das renuncias, sempre que existan solicitantes que cumpran cos requisitos para beneficiarse das axudas e que a súa solicitude obtivese puntuación suficiente en aplicación dos criterios de valoración.

8. A Administración velará porque na notificación de concesión da axuda se informe as persoas beneficiarias de que a medida se subvenciona en virtude dun programa cofinanciado polo Feader, e da medida e da prioridade do PDR do que se trata.

Artigo 18. Modificación da resolución

1. Toda alteración nas condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión, de acordo co disposto no artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e segundo o establecido na normativa que regula o seu desenvolvemento.

2. Durante a execución das actuacións non se admitirá ningunha modificación dos investimentos para as cales se concedeu a axuda que supoña o incremento do seu importe nin a inclusión de novos elementos ou gastos. Sen necesidade de instar procedemento de modificación da resolución, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural poderá aceptar variacións nas partidas de gasto aprobadas, coa condición de que as variacións non superen en conxunto o 10 % do orzamento, que non aumente o importe total do gasto aprobado e que non desvirtúen as características do proxecto e as condicións que foron tidas en conta para a resolución da concesión.

Artigo 19. Compatibilidade

As axudas previstas nesta orde serán compatibles con outras subvencións de calquera outra Administración pública para as mesmas finalidades non financiadas con fondos comunitarios, sempre que a suma das subvencións concedidas non supere o importe total dos gastos subvencionables, conforme o establecido no artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. Os gastos financiados ao 100 % mediante a presente liña de axudas non poderán financiarse con outras fontes. Igualmente, deberá terse en conta o disposto no número 11 do artigo 65 do Regulamento (UE) 1303/2013.

Artigo 20. Xustificación e pagamento

1. No caso de que as accións solicitadas sexan investimentos, as entidades beneficiarias poderán solicitar un anticipo dun 50 % como máximo da axuda pública concedida (anexo VIII), nas condicións descritas no artigo 63 do Regulamento (UE) 1305/2013. A entidade beneficiaria deberá solicitalo por escrito ante a Dirección Xeral de Patrimonio Natural nun prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da notificación da resolución de concesión da axuda.

2. Aquelas accións que non teñan natureza de investimento (estudos, inventarios, charlas, xornadas divulgativas, etc.), non serán susceptibles de anticipo.

3. Xunto coa solicitude de anticipo (anexo VIII) deberán presentar a garantía escrita da presidencia da alcaldía polo 110 % do importe anticipado e, se finalizado o prazo de xustificación final da actuación esta non se tivese realizado, non se tería dereito ao importe percibido.

4. Non será subvencionable ningún gasto previo efectuado con anterioridade á data da inspección de campo a que se refire o artigo 22.1 desta orde.

5. Unha vez efectuado o investimento, a entidade beneficiaria deberá comunicalo mediante o anexo V ao Servizo de Patrimonio Natural da xefatura territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda correspondente.

6. Os servizos de Patrimonio Natural das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda deberán certificar, despois da inspección in situ, que os investimentos foron realizadas de acordo coa resolución aprobada.

7. No caso de que o investimento teña como obxecto unha campaña ambiental ou de divulgación, deberá presentarse unha memoria que conteña, como mínimo, os datos establecidos no anexo X. Na dita memoria terase en conta que todas as accións formativas, divulgativas e de sensibilización deberán estar libres de mensaxes que reproduzan estereotipos de xénero.

8. No caso de execucións parciais da actividade, e coa condición de que non comprometan a finalidade da actividade obxecto da subvención, detraerase da axuda inicialmente concedida a parte proporcional da actividade non executada. Neste caso, a porcentaxe mínima de execución do proxecto non poderá ser inferior ao 70 % do custo da actuación subvencionada. Por outra banda, se executada a actividade o custo xustificado da actividade ou investimento fose inferior ao que figura na resolución de concesión, manterase a axuda pero diminuirase proporcionalmente o seu importe.

En caso de discrepancias entre o importe da axuda cuxo pagamento se solicita e o importe da axuda correspondente aos investimentos dos cales os servizos provinciais de Patrimonio Natural certifican a súa correcta realización, aplicarase o Regulamento de execución (UE) 1242/2017 da Comisión, que modifica o Regulamento de execución (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que respecta á aplicación dos procedementos de control e a condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural.

Establecerase:

a) O importe para aboar á entidade beneficiaria en función exclusivamente da solicitude pagamento presentada.

b) O importe para aboar á entidade beneficiaria logo do estudo da admisibilidade da solicitude de pagamento, da documentación xustificativa presentada e da realidade física dos investimentos correspondentes.

Se o importe establecido segundo a letra a) supera ao importe establecido segundo a letra b) en máis dun 10 %, o importe para pagar resultará de aplicar unha redución ao importe establecido segundo a letra b) igual á diferenza entre os dous importes citados.

9. Xunto coa notificación final dos traballos e a solicitude de pagamento (anexo V), a entidade beneficiaria deberá presentar, para os efectos de xustificación da actividade ou acción subvencionada, as facturas orixinais e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa polo importe total do investimento, de conformidade co disposto no artigo 28 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, na súa normativa de desenvolvemento e na normativa comunitaria aplicable. As facturas marcaranse cun selo en que se indique a orde reguladora da subvención para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificado impútase total ou parcialmente á subvención, indicando, neste último caso, a contía exacta que resulte afectada pola subvención, así como que é cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). Ademais, acompañarase dalgún dos seguintes documentos xustificativos do pagamento:

a) Xustificante bancario do pagamento pola entidade beneficiaria (xustificante de transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso en efectivo por portelo, certificación bancaria, etc.) en que conste, de maneira expresa, o número da factura obxecto de pagamento, identificación da entidade beneficiaria que paga e da persoa destinataria do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura, con data anterior á de xustificación dos traballos e á cantidade ou cantidades que figuren nas devanditas facturas.

b) Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, pagaré, letra de cambio, etc.) facilitarase a factura xunto coa copia do efecto mercantil e a documentación bancaria (extracto da conta da entidade beneficiaria, documento bancario acreditativo do pagamento, etc.) en que conste claramente que a actuación subvencionada foi efectivamente pagada dentro do prazo de xustificación.

c) No caso de que a entidade beneficiaria realice os traballos con medios propios, deberá presentar coa solicitude a documentación do proxecto desagregado, diferenciando o custo da man de obra que vai achegar xunto cos previsibles custos materiais da forma seguinte:

– Orzamento completo do proxecto de obra que debe detallar a cantidade total de horas das diferentes categorías profesionais que interveñen na execución de cada unha das distintas unidades de obra do proxecto. O custo horario da man de obra calcularase con base no custo que supoñen as nóminas das persoas traballadoras coas que se vai executar a obra.

Así mesmo, o orzamento fará unha previsión da necesidade de compra de materiais ou emprego dos propios coa súa correspondente imputación de custos de amortización.

– Informe en que se describa en que vai consistir tal achega (materias primas, man de obra, bens de equipo…), diferenciándose se se trata dunha achega para todo o proxecto ou ben para unidades de obra concretas:

• Cando a man de obra participe en todo o proxecto, débese achegar un documento denominado «Xustificación de prezos» en que se totalice o número de horas necesarias por categorías para a súa realización e as unidades de material utilizadas.

• Cando a achega en especie prodúzase en unidades de obra concretas, o persoal técnico encargado da redacción terá que especificar en cada unha das unidades o número de horas da achega e unidades de material empregadas.

– Débese proporcionar, ademais, un certificado da persoa titular da secretaría do concello onde quede acreditado que ese persoal se dedicou o número de horas que corresponda á execución do proxecto.

– Man de obra propia remunerada: deben achegarse as nóminas correspondentes ao tempo dedicado pola persoa traballadora á execución do traballo, certificando especificamente o emprego da porcentaxe de tempo que a persoa traballadora dedica ao proxecto, así como a documentación acreditativa do pagamento das nóminas, cargas sociais e retención de IRPF.

– Custos materiais: nos casos de compra de materiais, deben achegarse as facturas acreditativas dese gasto e os xustificantes de pagamento igual que en calquera outra operación Feader.

Se se utilizan medios materiais propios (maquinaria, materiais, etc.) a entidade beneficiaria debe imputar ao proxecto os custos de amortización deses equipos ou materiais, custos que deben calcularse de conformidade coas normas de contabilidade, debendo achegar a documentación acreditativa do sistema de cálculo utilizado.

d) No caso de que a actividade subvencionada se realice mediante contribucións en especie en forma de provisións de obras, bens, servizos, terreos ou bens inmobles polos cales non se efectuará ningún pagamento en efectivo documentado con facturas ou documentos de valor probatorio equivalente, poderán ser subvencionables nas condicións descritas no artigo 69 do Regulamento (UE) 1303/2013.

10. No momento da xustificación, con anterioridade ao pagamento, a entidade beneficiaria deberá presentar unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para esta mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes (anexo II).

11. O prazo para a notificación do fin das accións e presentación da solicitude de pagamento das axudas terá a data límite do 29 de novembro de 2019. Para estes efectos considerarase gasto realizado o que foi efectivamente abonado con anterioridade á finalización do período de xustificación.

Artigo 21. Financiamento e distribución do crédito

1. Esta orde financiarase con cargo ás aplicacións orzamentarias 07.03.541B.760.0 do código de proxecto 201600068 dos orzamentos da Dirección Xeral de Patrimonio Natural por un importe de 600.000 euros para o ano 2019.

2. Financiarase integramente con cargo ao Programa de desenvolvemento rural de Galicia, cunha achega do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) do 75 %, unha achega do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación do 7,50 %, e unha achega da Xunta de Galicia do 17,50 %.

3. Esta dotación inicial poderá ser modificada e/ou incrementada con achegas adicionais sen nova convocatoria previa logo da oportuna tramitación orzamentaria en proporción ao número de solicitudes e ás dispoñibilidades orzamentarias, con cargo ás mesmas aplicacións e nas condicións previstas no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 22. Información e control

1. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda poderá, en calquera momento, inspeccionar e controlar o destino das axudas e o cumprimento dos fins para os cales foron concedidas. En consecuencia, os servizos de Patrimonio Natural das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda poderán facer visitas e inspeccións nos lugares onde se realizan as actividades, para comprobar a súa adecuación á normativa vixente, así como solicitar, en calquera momento da tramitación do procedemento, canta documentación se considere necesaria para comprobar a adecuada execución das actividades que foron obxecto das axudas. En particular, con anterioridade á concesión das axudas todas as actuacións serán inspeccionadas polos servizos de Patrimonio Natural que levantarán acta de non inicio.

2. A entidade beneficiaria comprométese a someterse ás actuacións de control que deba efectuar a entidade concedente, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coas subvencións e axudas concedidas, e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, de acordo co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ás instancias comunitarias de control derivadas da aplicación dos regulamentos de execución (UE) 808/2014 e 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo.

3. Seralles de aplicación ás axudas recollidas nesta orde o réxime de controis, reducións e exclusións reguladas no Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta á aplicación dos procedementos de control e a condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural.

4. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, ao abeiro do establecido no Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, realizará controis administrativos de todas as solicitudes de axuda e de pagamento con respecto a todos os aspectos que sexa posible controlar en relación coa admisibilidade da solicitude, así como controis sobre o terreo antes do pagamento final dunha mostra que represente polo menos o 5 % do gasto público de cada ano civil, así como a posibilidade, de ser o caso, de sometemento a controis a posteriori, dada a posibilidade de realizar actividades de investimento.

5. As entidades beneficiarias das axudas previstas nesta orde teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida, xa sexa a documentación complementaria que os órganos correspondentes da Dirección Xeral de Patrimonio Natural poidan exixir durante a tramitación do procedemento ou a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas.

6. Para efectos de comprobación e control, as entidades beneficiarias deberán conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos percibidos, incluídos os documentos electrónicos, polo menos durante 5 anos desde o último pagamento.

7. As entidades beneficiarias teñen a obrigación de levar un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable adecuado para todas as transaccións relativas á operación subvencionada.

8. Igualmente, as entidades beneficiarias das axudas teñen a obriga de proporcionar á autoridade de xestión, ás persoas avaliadoras designadas ou a outros organismos en que a dita autoridade delegase a realización deste tipo de tarefas, toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e a avaliación do programa. Para o cumprimento desta obriga, a entidade beneficiaria comprométese a autorizar ao órgano xestor destas axudas o acceso e consulta á información que precise.

9. As entidades beneficiarias teñen a obriga de cumprir coa normativa da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

Artigo 23. Revogación e reintegro

1. Procederá a revogación das axudas concedidas, así como o reintegro total ou parcial das contías percibidas e a exixencia dos xuros de demora, de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nos seguintes casos:

a) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas ou ocultando aquelas que o impedirían.

b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

c) Incumprimento da obriga de xustificación ou xustificación insuficiente, nos termos establecidos no artigo 20 desta orde e na lexislación aplicable en materia de subvencións.

d) Incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión e publicidade contidas nos números 2 e 3 do artigo 16 desta orde.

e) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro incluídas nesta orde e no resto da lexislación aplicable en materia de subvencións, así como o incumprimento das obrigacións contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso derive a imposibilidade de verificar o uso dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos, para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, estatal, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) Incumprimento das obrigas impostas ás entidades beneficiarias, así como dos compromisos por elas asumidos con motivo da concesión da subvención, sempre que afecten ou se refiran ao modo en que se conseguen os obxectivos, se realiza a actividade, se executa o proxecto ou se adopta o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

g) Incumprimento das obrigas impostas pola Administración ás entidades beneficiarias, así como dos compromisos por elas adquiridos con motivo da concesión da subvención distintos dos anteriores, cando diso derive a imposibilidade de verificar o uso dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, axudas, ingresos ou recursos, para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, estatal, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

h) Adopción, en virtude do establecido nos artigos 107 a 109 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, dunha decisión da cal derive unha necesidade de reintegro.

i) Incumprimento de calquera das obrigas da entidade beneficiaria incluídas nesta orde e na normativa que resulta de aplicación.

2. Nestes supostos, a Consellería reclamará directamente a devolución das cantidades aboadas en concepto de axudas e os xuros de demora producidos en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para a entidade beneficiaria indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución, de acordo co artigo 7 do Regulamento de execución (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, sen prexuízo das responsabilidades as que houbese lugar.

De descubrirse que unha entidade beneficiaria efectuou deliberadamente unha declaración falsa, o expediente de axuda do que se trate quedará excluído da axuda do Feader e recuperaranse todos os importes aboados polo devandito expediente. Ademais, a entidade beneficiaria quedará excluída do Feader durante o exercicio do ano seguinte.

3. Nos casos de anulación ou minoración por certificación final das cantidades inicialmente aprobadas, as dotacións orzamentarias resultantes poderán ser adxudicadas a outras entidades beneficiarias de acordo coa relación de prioridades e a orde establecida.

4. Naqueles supostos en que o importe das subvencións recibidas pola beneficiaria excedan os custos da actividade, procederase a solicitar a devolución da cantidade percibida que exceda o custo real da actividade cos xuros de demora correspondentes.

5. En todo caso, o procedemento de reintegro observará as prescricións contidas no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no título V de Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da devandita lei.

Artigo 24. Infraccións e sancións

Ás entidades beneficiarias seralles de aplicación, nos seus propios termos, o réxime de infraccións e sancións en materia de subvencións establecido no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como o procedemento legalmente previsto.

Do mesmo xeito, será de aplicación o Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta á aplicación dos procedementos de control e a condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento.

Disposición adicional primeira. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia-Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que se derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, reflectíndose esta circunstancia no devandito formulario.

Co fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme ao descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais

Disposición adicional segunda

No caso de que, atendidas as solicitudes presentadas nesta convocatoria, haxa un remanente de crédito, poderase reabrir o prazo tantas veces como se considere oportuno, ata esgotar a consignación orzamentaria, por orde publicada no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Delegación de competencias

Autorízase expresamente a persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural para actuar por delegación da persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar e dispoñer gastos, recoñecer a obriga e propoñer os correspondentes pagamentos, en relación co disposto no artigo 73.a) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Así mesmo, deléganse na persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural as facultades relativas aos procedementos de reintegro sinaladas no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición derradeira segunda. Desenvolvemento

Autorízase a persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural para ditar, no ámbito das súas competencias, as instrucións necesarias para o cumprimento do establecido nesta orde.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Esta orde producirá efectos o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2019

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VI

Cartel

Nota: o logotipo da empresa executora pódese incluír.

Dimensións aproximadas do panel:

– Altura 210 mm, largura 297 mm.

Publicidade en medios de comunicación ou soporte dixital.

1. No suposto de publicidade en medios de comunicación, o emblema da Xunta de Galicia non deberá incluír referencias á Consellería e situarase á dereita do resto de logotipos:

2. Para soportes dixitais (páxinas web, banner, etc.) utilizarase o seguinte logotipo para o Ministerio:

ANEXO VII

Términos municipais que conforman as reservas da biosfera dentro da Comunidade Autónoma de Galicia

Reserva/Provincia

Concello

Superficie concello (ha)

Poboación

Superficie concello en RNAT2000 (ha)

% superficie en RNAT2000

% afiliacións S.S. agricultura

Reserva da Biosfera Terras do Miño/Lugo

Abadín

19.595,15

2.428

3.952,68

20,17 %

28,10 %

Alfoz

7.746,79

1.757

1.831,94

23,65 %

15,89 %

Baralla

14.120

2.566

0

0,00 %

26,19 %

Begonte

12.673,14

3.037

1.320,58

10,42 %

10,68 %

Castro de Rei

17.690,32

5.011

124,15

0,70 %

22,39 %

Castroverde

17.410

2.675

0

0,00 %

30,99 %

Corgo, O

15.730

3.487

0

0,00 %

20,64 %

Cospeito

14.472,73

4.596

980,35

6,77 %

22,58 %

Friol

29.212,28

3.772

63,43

0,22 %

34,52 %

Guitiriz

29.384,85

5.505

275,41

0,94 %

23,80 %

Guntín

15.480

2.718

0

0,00 %

33,95 %

Láncara

12.170

2.637

0

0,00 %

34,80 %

Lugo

32.963,31

98.025

273,4

0,83 %

2,63 %

Meira

4.653,99

1.711

2,69

0,06 %

18,46 %

Mondoñedo

14.263,94

3.639

2.133,69

14,96 %

16,88 %

Muras

16.374,19

636

5.735,38

35,03 %

28,37 %

Ourol

14.200,19

1.018

1.127,21

7,94 %

19,93 %

Outeiro de Rei

13.413,53

5.093

426,46

3,18 %

7,99 %

Páramo, O

7.480

1.388

0

0,00 %

42,24 %

Pastoriza, A

17.500

3.056

0

0,00 %

41,57 %

Pol

12.590

1.616

0

0,00 %

41,40 %

Rábade

516,9

1.501

12,46

2,41 %

3,21 %

Riotorto

6.630,65

1.255

0,38

0,01 %

20,83 %

Valadouro, O

11.040,17

2.004

2.750,47

24,91 %

11,71 %

Vilalba

37.917,24

14.226

3.743,45

9,87 %

11,55 %

Xermade

16.603,98

1.841

1.847,14

11,12 %

26,41 %

Reserva da Biosfera Área de Allariz/Ourense

Allariz

8.600

6.110

0

0,00 %

2,35 %

Bola, A

3.490

1.199

0

0,00 %

8,42 %

Rairiz de Veiga

7.207,18

1.282

867,82

12,04 %

13,53 %

Vilar de Santos

2.069,18

829

114,96

5,56 %

16,06 %

Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá/Lugo

Becerreá

17.201,33

2.827

873,71

5,08 %

21,42 %

Cervantes

27.760,43

1.377

27.096,74

97,61 %

32,14 %

Navia de Suarna

24.253,55

1.103

17.817,14

73,46 %

24,05 %

Reserva da Biosfera O Río Eo, Oscos e Terras do Burón/Lugo

Baleira

16.877,34

1.268

1.177,99

6,98 %

30,62 %

Fonsagrada, A

43.833,43

3.589

3.528,12

8,05 %

25,02 %

Negueira de Muñiz

7.226,78

218

4.547,23

62,92 %

8,62 %

Pontenova, A

13.576,63

2.283

1.293,89

9,53 %

11,54 %

Ribadeo

10.894,00

9.900

759,98

6,98 %

9,08 %

Ribeira de Piquín

7.297,61

543

414,5

5,68 %

22,67 %

Trabada

8.268,63

1.121

61,59

0,74 %

36,01 %

Reserva da Biosfera Transfronteiriza Xurés-Gerês/Ourense

Bande

9.890,46

1.591

1.137,89

11,50 %

7,30 %

Calvos de Randín

9.781,70

779

3.182,25

32,53 %

23,46 %

Entrimo

8.446,77

1.166

5.442,61

64,43 %

10,68 %

Lobeira

6.884,09

807

3.380,79

49,11 %

17,84 %

Lobios

16.827,85

1.732

10.958,90

65,12 %

10,60 %

Muíños

10.949,60

1.489

4.316,43

39,42 %

5,03 %

Reserva da Biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo/A Coruña

Abegondo

8.383,60

5.454

355,24

4,24 %

5,89 %

Aranga

11.951,35

1.894

69,89

0,58 %

29,39 %

Arteixo

9.377,13

31.917

245,97

2,62 %

1,36 %

Bergondo

3.262,40

6.602

211,91

6,50 %

2,00 %

Betanzos

2.419,42

12.916

232,25

9,60 %

1,21 %

Cambre

4.071,12

24.603

53,71

1,32 %

0,92 %

Carral

4.791,64

6.294

23,66

0,49 %

5,32 %

Coirós

3.358,02

1.824

81,86

2,44 %

5,66 %

Culleredo

6.230

30.221

0

0,00 %

0,83 %

Curtis

11.660

3.958

0

0,00 %

16,08 %

Irixoa

6.839,17

1.333

35,88

0,52 %

21,49 %

Miño

3.285,05

6.056

13,96

0,42 %

2,92 %

Oleiros

4.403,24

35.559

345,3

7,84 %

0,90 %

Oza-Cesuras

15.151,80

5.155

22,79

0,15 %

9,85 %

Paderne

3.981,55

2.419

205,45

5,16 %

9,74 %

Sada

2.740

15.495

0

0,00 %

2,07 %

Sobrado

12.060

1.799

0

0,00 %

27,72 %

ANEXO IX

Zonas densamente poboadas (ZDP)

Parroquia

Provincia

Código concello

Concello

O Temple (Santa María)

15

15017

15017 Cambre

A Coruña

15

15030

15030 Coruña, A

Oza (Santa María)

15

15030

15030 Coruña, A

San Cristovo das Viñas (San Cristovo)

15

15030

15030 Coruña, A

Visma (San Pedro)

15

15030

15030 Coruña, A

Almeiras (San Xián)

15

15031

15031 Culleredo

O Burgo (Santiago)

15

15031

15031 Culleredo

Rutis (Santa María)

15

15031

15031 Culleredo

Ferrol

15

15036

15036 Ferrol

Santa Cecilia de Trasancos (Santa Cecilia)

15

15036

15036 Ferrol

Narón

15

15054

15054 Narón

Perillo (Santa Locaia)

15

15058

15058 Oleiros

Santiago de Compostela

15

15078

15078 Santiago de Compostela

San Caetano (Santiago)

15

15078

15078 Santiago de Compostela

San Lázaro (Santiago)

15

15078

15078 Santiago de Compostela

Vista Alegre (San Xoán)

15

15078

15078 Santiago de Compostela

Lugo

27

27028

27028 Lugo

A Valenzá (San Bernabeu)

32

32008

32008 Barbadás

Ourense

32

32054

32054 Ourense

Montealegre (A Milagrosa)

32

32054

32054 Ourense

Vista Fermosa (San Xosé)

32

32054

32054 Ourense

Pontevedra

36

36038

36038 Pontevedra

Lérez (San Salvador)

36

36038

36038 Pontevedra

Mourente (Santa María)

36

36038

36038 Pontevedra

Salcedo (San Martiño)

36

36038

36038 Pontevedra

A Virxe do Camiño (Virxe do Camiño)

36

36038

36038 Pontevedra

Poio (San Salvador)

36

36041

36041 Poio

Vigo

36

36057

36057 Vigo

Alcabre (Santa Baia)

36

36057

36057 Vigo

Candeán (San Cristovo)

36

36057

36057 Vigo

Castrelos (Santa María)

36

36057

36057 Vigo

Santo André de Comesaña (Santo André)

36

36057

36057 Vigo

Freixeiro (San Tomé)

36

36057

36057 Vigo

Lavadores (Santa Cristina)

36

36057

36057 Vigo

Navia (San Paio)

36

36057

36057 Vigo

Sárdoma (San Pedro)

36

36057

36057 Vigo

Teis (San Salvador)

36

36057

36057 Vigo

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file