Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 9 de agosto de 2019 Páx. 36332

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 30 de xullo de 2019 pola que se modifica a autorización, por cambio de titularidade, do Centro Privado Plurilingüe San Narciso, de Marín.

A representación legal da titularidade do Centro Privado (CPR) Plurilingüe San Narciso, de Marín (Pontevedra), solicita o cambio de titularidade a favor de Seimarin2019, S.L.

Mediante escritura pública notarial do 8 de xullo de 2019, Omnia Innovación y Gestión Educativa, S.L., a través do seu representante, cede a titularidade do CPR Plurilingüe San Narciso, a favor de Seimarin2019, S.L.

De conformidade coa solicitude de cambio de titularidade formulada e logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Cambio de titularidade

Autorizar o cambio de titularidade do CPR Plurilingüe San Narciso, de Marín, código 36004526, a favor de Seimarin2019, S.L.

O cambio de titularidade non afectará ao réxime de funcionamento do centro.

Artigo 2. Inscrición no rexistro

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 3. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional