Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 12 de agosto de 2019 Páx. 36549

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se fan públicas as novas inclusións e actualizacións de méritos nas bolsas para a provisión temporal mediante interinidade de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional.

Con data do 3 de xullo de 2019 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 1 de xullo de 2019 da Escola Galega de Administración Pública, pola que se convocaban os cursos de formación practica do persoal interino que desempeñe os postos reservados a funcionarios de Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia con habilitación de carácter nacional.

Finalizado o 24 de xullo o citado curso de formación práctica e de conformidade coa proposta de actualización de méritos do tribunal designado para iso por la Dirección Xeral de Administración Local, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública a relación de persoas declaradas aptas no curso práctico de formación pola Escola Galega de Administración Pública no portal de servizos web Eidolocal e na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal/tramitar/PR410A.

Segundo. Facer pública a relación de méritos actualizados das persoas que forman parte das listaxes publicadas en 2018 e que así o solicitaron.

Terceiro. Publicar a relación integrada e actualizada de persoas integrantes das listaxes correspondentes ás subescalas de Secretaría-Intervención, Secretaría e Intervención-Tesouraría para a selección de persoal interino para a cobertura de postos de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional das citadas subescalas, no portal de servizos web Eidolocal e na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal/tramitar/PR410A.

Cuarto. Estas bolsas integradas e actualizadas entrarán en vigor ao día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente resolución.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a directora xeral de Administración Local, no prazo dun mes, contado desde o día siguiente ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2019

Marta Fernández-Tapias Núñez
Directora xeral de Administración Local