Notifícase ao interesado, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución do expediente sancionador que a continuación se relaciona, ao ser devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día.
Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela) a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro e artigo 23 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio (BOE do 3 de xuño) do regulamento xeral sobre procedemento para a imposición de sancións por infraccións na orde social. O recurso interporase ante o órgano que ditou o acto ou ante o competente para resolvelo.
Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos.
Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Emprego e Economía Social de esta xefatura territorial, sita na avenida da Habana, 79, 7º, de Ourense.
Ourense, 30 de xullo de 2019
Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
|
Nº expte. |
Nº acta infracción |
NIF/CIF |
Último endrezo coñecido |
Data resolución |
Importe sanción |
|
48/2019 |
I322019000009003 |
B32476764 |
Praza Paz Novoa, 2, baixo, porta 5 32003 Ourense |
10.7.2019 |
626,00 € |


