Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 12 de agosto de 2019 Páx. 36612

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública (expediente 2018/X999/001126).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 8 de abril de 2019, acordou aprobar inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións en solo rústico en Xoane, na parroquia de Goiáns, para mellorar a funcionalidade do sistema de dotacións previsto no Plan xeral de ordenación municipal (PXOM), mediante a previsión dun novo equipamento destinado a centro social, próximo aos núcleos rurais de Xoane da Estrada, para reunión e realización de actividades da parroquia de Goiáns, segundo a documentación técnica elaborada polos arquitectos Beatriz Aneiros Filgueira (col. 2137 COAG) e Álvaro Fernández Carballada (col. 1047 COAG).

O que se somete a información pública polo prazo de dous meses en cumprimento dos artigos 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 186 do Regulamento da Lei do solo, co fin de que as persoas que se consideren afectadas por ela poidan examinar o expediente e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.

Así mesmo, este anuncio serve de notificación para as parcelas con titulares catastrais descoñecidos ou para aqueles titulares dos cales se descoñece o seu enderezo.

O documento técnico, o resumo executivo e os trámites contidos no expediente poderanse consultar na Oficina Técnica municipal, das 10.00 ás 13.00 horas, e na páxina web do concello na seguinte ligazón http://www.carballo.org/media/documentos/plan_especial_xoane_completo.pdf

Carballo, 18 de xullo de 2019

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde