Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 14 de agosto de 2019 Páx. 36851

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 1 de agosto 2019, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos 4120/2019 e 4121/2019, interpostos contra a Orde do 10 de abril de 2019 de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Dodro para relocalizar o solo urbanizable industrial S-01.

Neste centro directivo recibíronse oficios da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación cos recursos contencioso-administrativos números 4120/2019 e 4121/2019, interpostos contra Orde do 10 de abril de 2019 de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Dodro para relocalizar o solo urbanizable industrial S-01, en que se solicita a remisión do expediente administrativo e o emprazamento dos interesados no expediente correspondente.

Para os efectos de cumprir o solicitado no oficio, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo acordou remitir o expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas nos procedementos, emprazándoas para que poidan persoarse como demandados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2019

Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo