Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 19 de agosto de 2019 Páx. 36912

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Resolución do 30 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se acorda publicar as bases reguladoras dos premios de Artesanía de Galicia e a súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento IN200A).

BDNS (Identif.): 470239.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.go.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

Persoas e obradoiros artesáns con recoñecida traxectoria profesional e que están ou estiveron inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, segundo o premio a que opten.

Segundo. Obxecto

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión dos premios de Artesanía de Galicia como un recoñecemento á mellora continua no labor dos profesionais do sector artesán galego e contribuír ao seu desenvolvemento económico e promocional.

Terceiro. Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente coa convocatoria.

Cuarto. Importe

Destínase un total de 13.000,00 euros con cargo aos orzamentos da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.

Os premios de Artesanía de Galicia constarán das seguintes categorías:

Premio Artesanía de Galicia 2019.

Dotación de 9.000,00 euros e trofeo acreditativo.

Premio Traxectoria 2019.

Trofeo acreditativo e sen dotación económica.

Premio Bolsa Eloy Gesto 2019.

Bolsa de formación de 4.000,00 euros e diploma acreditativo.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de candidaturas iníciase a partir das 8.00 horas do 14 de setembro de 2019 e remata ás 14.30 horas do 21 de outubro de 2019.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2019

Sol María Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio e Consumo