Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 20 de agosto de 2019 Páx. 37058

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 5 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación do traslado de follas de valoración por expediente de expropiación, no concello de Vimianzo (expediente IN661A 2011/20-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase do traslado das follas de valoración da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación denominada parque eólico Monte Tourado-Eixe, no concello de Vimianzo (expediente IN661A 2011/20-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 5 de agosto de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN661A 2011/20-1.

Entidade beneficiaria: Fenosa Wind, S.L.

Denominación da instalación: parque eólico Monte Tourado-Eixe.

Concello: Vimianzo.

Predio

Concello

Titularidade proposta

48

Vimianzo

Herdeiros de Manuel Caamaño Caamaño