Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 20 de agosto de 2019 Páx. 37054

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 31 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador en materia de animais domésticos e salvaxes en catividade ANI-LU-0042/2019-V e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados pola xefa territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70-2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 31 de xullo de 2019

Margarita López Blanco
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

ANI-LU-0042/2019-V

Florin Sas

Iniciación

ANI-LU-0065/2019-V

Manuel García Souto

Iniciación