Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 20 de agosto de 2019 Páx. 37073

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO de convocatoria para prover unha praza de policía local, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, escala básica, categoría policía, grupo C1, reservada para mobilidade horizontal.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 139, do 24 de xullo de 2019, foron publicadas integramente as bases que van rexer a convocatoria para prover unha praza de policía local para o Concello de Ribeira, pertencente ao cadro de persoal de funcionarios de carreira, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, escala básica, categoría policía, grupo C1, a través do proceso selectivo de concurso e reservada para a mobilidade horizontal, en cumprimento do disposto no artigo 35.4 da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación de este anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.

Ribeira, 26 de xullo de 2019

Manuel Ruiz Rivas
Alcalde