Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 22 de agosto de 2019 Páx. 37227

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2019, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 3 de maio de 2019.

Antecedentes:

1. Mediante a Orde do 3 de maio de 2019 (DOG núm. 94, do 20 de maio) establecéronse as bases reguladoras e anunciouse a convocatoria de subvención para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios.

2. Transcorrido o prazo para a presentación das solicitudes de axuda, leváronse a cabo os requirimentos de emenda daquelas solicitudes que non reunían os requisitos previstos na convocatoria.

3. Rematado o prazo de emenda, a comisión de valoración, como órgano colexiado encargado de informar e valorar as solicitudes, emitiu a proposta de resolución de acordo cos criterios establecidos no artigo 15 da convocatoria.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística é o órgano competente para instruír o procedemento administrativo e correspóndelle ao seu titular formular o informe proposta das subvencións e a súa contía que, xunto co informe da Comisión, elevará á persoa titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística, quen resolverá, por delegación do conselleiro de Cultura e Turismo, segundo o estipulado na disposición adicional da Orde do 21 de marzo de 2019 (DOG núm. 63, do 1 de abril).

2. No artigo 17 das bases establécese que o prazo máximo para resolver a concesión de axudas non poderá exceder os cinco meses, contados a partir da publicación da orde de subvencións no Diario Oficial de Galicia (20 de maio de 2019).

De acordo co anterior, dentro do prazo fixado pola norma reguladora da convocatoria, esta secretaría

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo a aplicación orzamentaria 11.40.151A.470.1 que figuran no anexo I desta resolución.

Segundo. Desestimar os títulos que se relacionan no anexo II, polos motivos que aparecen citados na epígrafe correspondente.

Terceiro. De conformidade co artigo 4.2.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma de Galicia, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a secretaría xeral fará públicos os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións concedidas, así como as sancións impostas áos beneficiarios.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, quen resolverá por delegación do conselleiro de Cultura e Turismo, de acordo co establecido na disposición adicional da Orde do 21 de marzo de 2019, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2019

Valentín García Gómez
Secretario xeral de Política Lingüística

ANEXO I

Número de expediente

Solicitante

Título

Importe

2019/0001

Baía Edicións A Coruña, S.L.

Historia do Mundo Contemporáneo Bacharelato 1º

2.370,74 €

2019/0005

Xerme Edicións, S.L.

Ciencias Sociais Educación Primaria 1º

2.921,09 €

2019/0006

Xerme Edicións, S.L.

Ciencias Sociais Educación Primaria 2º

2.942,26 €

2019/0007

Xerme Edicións, S.L.

Ciencias da Natureza Educación Primaria 1º

2.878,75 €

2019/0008

Xerme Edicións, S.L.

Ensalada de Letras-Lectura Educación Primaria 1º

2.603,58 €

2019/0009

Xerme Edicións, S.L.

Urxencias 112 Educación Infantil 3 anos

2.201,40 €

2019/0010

Xerme Edicións, S.L.

Urxencias 112 Educación Infantil 4 anos

2.159,07 €

2019/0011

Xerme Edicións, S.L.

Urxencias 112 Educación Infantil 5 anos

2.159,07 €

2019/0012

Editorial Vicens Vives, S.A.

Lanikai Relixión Católica Educación Infantil 3 anos

2.497,74 €

2019/0013

Editorial Vicens Vives, S.A.

Lanikai Relixión Católica Educación Infantil 4 anos

2.497,74 €

2019/0014

Editorial Vicens Vives, S.A.

Lanikai Relixión Católica Educación Infantil 5 anos

2.497,74 €

2019/0015

Editorial Vicens Vives, S.A.

Lanikai Relixión Católica Educación Primaria 1º

3.259,77 €

2019/0016

Editorial Vicens Vives, S.A.

Lanikai Relixión Católica Educación Primaria 2º

3.259,77 €

2019/0017

Editorial Vicens Vives, S.A.

Lingua e Literatura Galega 1-Proxecto Zoom Educación Primaria 1º

3.429,10 €

2019/0018

Editorial Vicens Vives, S.A.

Lingua e Literatura Galega 2-Proxecto Zoom Educación Primaria 2º

3.386,77 €

2019/0019

Editorial Vicens Vives, S.A.

Xeografía Física ESO 1º

3.284,00 €

2019/0020

Editorial Vicens Vives, S.A.

Prehistoria e Historia Antiga de Galicia ESO 1º

3.550,00 €

2019/0021

Edicións Xerais de Galicia, S.A.

Valentes. Un proxecto para a Igualdade. Proxecto Interésame! Educación Infantil 5 anos

3.831,28 €

2019/0022

Edicións Xerais de Galicia, S.A.

Grafomotricidade 1, 2, 3, 4, 5 Máis que trazos. Flocos de millo. Educación Infantil 3, 4 e 5 anos

2.010,89 €

2019/0027

Edicións Xerais de Galicia, S.A.

Comunicación e Sociedade I Formación Profesional

3.987,92 €

2019/0028

Ediciones Don Bosco-Editorial Rodeira (Edebé)

Maruxiña Xoaniña, a pequena superheroína Educación Primaria 1º

3.513,77 €

2019/0029

Ediciones Don Bosco-Editorial Rodeira (Edebé)

Unha clase divertida Educación Primaria 1º

3.386,77 €

2019/0030

Ediciones Don Bosco-Editorial Rodeira (Edebé)

O rescate dos dinosauros Educación Primaria 2º

3.513,77 €

2019/0031

Edicións Obradoiro, S.L.

Escola saudable. Nivel I Educación Primaria 1º e 2º

3.026,93 €

2019/0032

Edicións Obradoiro, S.L.

Escola saudable. Nivel II Educación Primaria 3º e 4º

3.026,93 €

2019/0033

Edicións Obradoiro, S.L.

Escola saudable. Nivel III Educación Primaria 5º e 6º

3.026,93 €

2019/0034

Edicións Obradoiro, S.L.

Os nosos amigos os animais. Nivel I Educación Primaria 1º e 2º

3.005,76 €

2019/0035

Edicións Obradoiro, S.L.

Somos xardineiros e xardineiras. Nivel I Educación Primaria 1º e 2º

3.005,76 €

2019/0036

Edicións Obradoiro, S.L.

Viaxa con nós. Nivel I Educación Primaria 1º e 2º

3.090,43 €

2019/0037

Edicións Obradoiro, S.L.

Imos de excursión. Nivel I Educación Primaria 1º e 2º

3.090,43 €

2019/0038

Edicións Obradoiro, S.L.

Onde vives ti? Iniciación Educación Primaria 1º

3.153,93 €

2019/0039

Edicións Obradoiro, S.L.

Síntome ben! Nivel II Educación Primaria 3º e 4º

3.132,76 €

2019/0040

Edicións Obradoiro, S.L.

Os nosos devanceiros Os romanos. Nivel II Educación Primaria 3º e 4º

3.280,93 €

2019/0041

Edicións Obradoiro, S.L.

Protexemos a natureza. Nivel III Educación Primaria 5º e 6º

3.132,76 €

2019/0042

Edicións Obradoiro, S.L.

Descubrimos Europa. Nivel III Educación Primaria 5º e 6º

3.132,76 €

2019/0043

Edicións Obradoiro, S.L.

Gota a gota. Iniciación Educación Primaria 1º

3.048,09 €

2019/0044

Edicións Obradoiro, S.L.

Visitamos a granxa. Iniciación Educación Primaria 1º

3.196,26 €

2019/0045

Edicións Obradoiro, S.L.

Que tempo vai? Nivel I Educación Primaria 1º e 2º

3.048,09 €

2019/0046

Edicións Obradoiro, S.L.

Construímos xoguetes. Nivel I Educación Primaria 1º e 2º

3.175,10 €

2019/0047

Edicións Obradoiro, S.L.

Ciencias da Natureza Educación Primaria 1º

3.005,76 €

2019/0048

Edicións Obradoiro, S.L.

Ciencias Sociais Educación Primaria 1º

3.132,76 €

2019/0049

Edicións Obradoiro, S.L.

Ciencias da Natureza Educación Primaria 2º

3.005,76 €

2019/0050

Edicións Obradoiro, S.L.

Ciencias Sociais Educación Primaria 2º

3.090,43 €

2019/0051

Edicións Obradoiro, S.L.

Lingua Educación Primaria 1º

4.148,79 €

2019/0052

Edicións Obradoiro, S.L.

Lingua Educación Primaria 2º

4.148,79 €

2019/0054

Edicións Obradoiro, S.L.

Lequelé 1. Tarefas de competencia lectora. Educación Primaria 1º

3.513,77 €

2019/0055

Edicións Obradoiro, S.L.

Lequelé 2. Tarefas de competencia lectora. Educación Primaria 2º

3.513,77 €

2019/0056

Edicións Obradoiro, S.L.

Vincent Van Gogh. Nivel I Educación Infantil 3 anos

2.921,09 €

2019/0057

Edicións Obradoiro, S.L.

Vincent Van Gogh. Nivel II Educación Infantil 4 anos

2.667,08 €

2019/0058

Edicións Obradoiro, S.L.

Vincent Van Gogh. Nivel III Educación Infantil 5 anos

2.709,40 €

2019/0059

Edicións Obradoiro, S.L.

Valentina Tereshkova. Nivel I Educación Infantil 3 anos

2.751,75 €

2019/0060

Edicións Obradoiro, S.L.

Valentina Tereshkova. Nivel II Educación Infantil 4 anos

2.751,75 €

2019/0061

Edicións Obradoiro, S.L.

Valentina Tereshkova. Nivel III Educación Infantil 5 anos

2.624,70 €

2019/0062

Edicións Obradoiro, S.L.

A horta. Nivel I Educación Infantil 3 anos

2.794,08 €

2019/0063

Edicións Obradoiro, S.L.

A horta. Nivel II Educación Infantil 4 anos

2.794,08 €

2019/0064

Edicións Obradoiro, S.L.

A horta. Nivel III Educación Infantil 5 anos

2.709,40 €

ANEXO II

Número de

expediente

Solicitante

Título

Motivo de denegación

2019/0002

Servipost Editores, S.L.U.

MF1445_3 AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO Formación Profesional e de persoas adultas

Non se adapta ao establecido nos artigos 1 e 4 da convocatoria ao non tratarse dun recurso didáctico curricular.

2019/0003

Servipost Editores, S.L.U.

MF1446_3 ORIENTACIÓN LABORAL E PROMOCIÓN DA CALIDADE NA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO Formación Profesional e de persoas adultas

Non se adapta ao establecido nos artigos 1 e 4 da convocatoria ao non tratarse dun recurso didáctico curricular.

2019/0004

Servipost Editores, S.L.U.

MF1867_2 PROCESOS GRUPAIS E EDUCATIVOS NO TEMPO LIBRE INFANTIL E XUVENIL Formación Profesional e de persoas adultas

Non se adapta ao establecido nos artigos 1 e 4 da convocatoria ao non tratarse dun recurso didáctico curricular.

2019/0023

Edicións Xerais de Galicia, S.A.

Vacacións 3 anos. Flocos de millo. Educación Infantil 3 anos

Artigo 14.a) 3 último parágrafo

2019/0024

Edicións Xerais de Galicia, S.A.

Vacacións 4 anos. Flocos de millo. Educación Infantil 4 anos

Artigo 14.a) 3 último parágrafo

2019/0025

Edicións Xerais de Galicia, S.A.

Vacacións 5 anos. Flocos de millo. Educación Infantil 5 anos

Artigo 14.a) 3 último parágrafo

2019/0026

Edicións Xerais de Galicia, S.A.

Oratoria 1º e 2º de ESO

Artigo 14.a) 2 último parágrafo

2019/0053

Edicións Obradoiro, S.L.

Cinco en raia 1. Unidades didácticas integradas. Educación Primaria 1º

Artigo 5.2 primeiro parágrafo

2019/0065

Imaxina Novas Tecnoloxías, S.L.

Arte grega Bacharelato 2º

Artigo 14.a) 3 último parágrafo