Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 22 de agosto de 2019 Páx. 37358

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arbo

ANUNCIO de convocatoria para a provisión do cargo de xuíz de paz titular.

O obxecto desta convocatoria é a provisión do cargo de xuíz de paz titular deste termo municipal polo período de catro anos.

Prazo de presentación de solicitudes:

O prazo de presentación das solicitudes será de quince días hábiles contados a partir da última publicación desta convocatoria no BOPPO ou no DOG.

As solicitude presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, das 9.00 ás 13.00 horas, ou por sede electrónica www.concellodearbo.es.

Condicións legais dos aspirantes:

1º. Ser español.

2º. Ser maior de 18 anos.

3º. Non estar incurso en ningunha das incapacidades recollidas no artigo 303 da Lei orgánica do poder xudicial (LOPX).

Documentación que cómpre presentar coa solicitude:

1º. Certificación de nacemento, DNI ou fotocopia cotexada.

2º. Certificación expedida polo Rexistro de Penados e Rebeldes e declaración complementaria referente a se se encontra inculpado ou procesado (artigo 2.1ª da Lei 68/1980).

3º. Xustificación dos méritos que alegue o solicitante.

Arbo, 30 de xullo de 2019

Horacio Gil Expósito
Alcalde