Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 23 de agosto de 2019 Páx. 37490

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 5 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto da nova liña de brillo químico e outros cambios nunha planta de tratamento de aluminio na Matanza, concello de Padrón (clave do expediente 2018/0093).

De conformidade co artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 5 de agosto de 2019, do proxecto da nova liña de brillo químico e outros cambios nunha planta de tratamento de aluminio na Matanza, concello de Padrón (A Coruña), promovido por Aluminios Cortizo, S.A.

A dita declaración poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático