Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 23 de agosto de 2019 Páx. 37367

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 6 de agosto de 2019 pola que se modifican os concertos educativos cos centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial e de formación profesional.

Mediante a Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 14 de marzo de 2017 (DOG núm. 59, do 24 de marzo), ditáronse as normas para a aplicación do réxime de concertos educativos cos centros docentes privados para o curso académico 2017/18 e seguintes, de conformidade co establecido na Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación, na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e no Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos.

Mediante a Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 10 de agosto de 2017 (DOG núm. 157, do 21 de agosto), aprobáronse os concertos educativos cos centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial e de formación profesional, por un período máximo de 6 cursos académicos ata o final do curso 2022/23; concertos modificados pola Orde do 20 de xullo de 2018 (DOG núm. 154, do 13 de agosto)

De conformidade co artigo 4 da devandita Orde do 14 de marzo de 2017 os concertos educativos que se subscriban ou modifican pola presente orde rematarán ao final do curso 2022/23, sen prexuízo da súa posible modificación dentro do seu período de vixencia seguindo o procedemento do artigo 15 da mesma norma, por instancia de parte ou de oficio.

Por canto antecede, en aplicación do artigo 7 do Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, que aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos, e do artigo 3 do Decreto 138/2018, do 8 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación dos concertos educativos vixentes

1. Modificar os concertos educativos subscritos polos centros docentes privados que se relacionan no anexo I desta orde, nos termos que no mesmo anexo se sinalan.

2. As modificacións a que se refire o punto 1 deste artigo, terán vixencia ata o final do curso 2022/23, sen prexuízo da súa posible modificación con anterioridade de conformidade co artigo 15 da Orde do 14 de marzo de 2017.

Artigo 2. Desestimación de solicitudes

Desestimar as solicitudes de modificación ou de subscrición de concerto educativo formuladas polos centros docentes que se relacionan no anexo II da presente orde polos motivos que en cada caso se especifican.

Artigo 3. Formalización do concerto

1. As modificacións formalizaranse mediante addenda ao documento administrativo de formalización do concerto educativo subscrito polo centro, que se asinará pola persoa titular do centro privado ou persoa con representación debidamente acreditada e polo director xeral de Centros e Recursos Humanos, de conformidade co artigo 4 da Orde do 5 de decembro de 2018 de delegación de competencias nos órganos superiores, directivos e periféricos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

2. Se a persoa titular do centro non subscribise a addenda ao documento administrativo de formalización na data que se lle notifique, entenderase decaída no seu dereito.

Artigo 4. Efectos da modificación

As modificacións ás que se refire esta orde terán efectos económicos e administrativos desde o día 1 de setembro de 2019.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional

ANEXO I

Modificacións realizadas de conformidade co artigo 15
da Orde do 14 de marzo de 2017

a) Educación infantil.

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15020489

CPR Plurilingüe Montespiño

Culleredo

A Coruña

Concertar 2 unidades

15010794

CPR Plurilingüe Jaime

Balmes

Noia

A Coruña

Incrementar o concerto 1 unidade

15015241

CPR Plurilingüe Ntra. Sra. Inmaculada

Santa Comba

A Coruña

Incrementar o concerto 1 unidade

36009925

CPR Plurilingüe Amor de Dios

Vigo

Pontevedra

Suprimir o concerto 1 unidade

36011257

CPR Plurilingüe El Pilar

Vigo

Pontevedra

Incrementar o concerto 1 unidade

36011831

CPR Plurilingüe Las Acacias

Vigo

Pontevedra

Suprimir o concerto 2 unidades

36025037

CPR Plurilingüe Las Acacias-Montecastelo

Vigo

Pontevedra

Concertar 4 unidades

b) Educación primaria (EP) e educación secundaria obrigatoria (ESO).

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15032157

CPR Plurilingüe Andaina

Culleredo

A Coruña

Incrementar o concerto 1 unidade de EP

15013497

CPR Luís Vives

Pontedeume

A Coruña

Incrementar o concerto 1 unidade de EP

15015366

CPR Casa do Neno

Santiago de Compostela

Santiago de Compostela

Incrementar o concerto 1 unidade de EP

32016731

CPR Malvedo

Coles

Ourense

Incrementar o concerto 1 unidade de ESO (1º/2º curso)

Horas de orientación: 16

32009062

CPR Cardenal Cisneros

Ourense

Ourense

Suprimir o concerto 1 unidade de EP

32016194

CPR Plurilingüe Guillelme Brown

Pereiro de Aguiar, O

Ourense

Concertar 1 unidade de ESO (1º/2º curso)

32020720

CPR Plurilingüe Miraflores

Pereiro de Aguiar, O

Ourense

Concertar 1 unidade de ESO (1º/2º curso)

36016115

CPR Eduardo Pondal

Cangas

Pontevedra

Incrementar 1 unidade de EP

36004113

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón

Lalín

Pontevedra

Suprimir o concerto 1 unidade de EP

Suprimir o concerto 1 unidade de ESO (3º/4º curso)

Suprimir 1 hora de orientación

36011831

CPR Plurilingüe Las Acacias

Vigo

Pontevedra

Suprimir o concerto de EP (6 unidades)

Suprimir o concerto de ESO: 2 unidades de (1º/2º) e 2 unidades

de (3º/4º)

Suprimir 16 horas de orientación

36011191

CPR Plurilingüe Montecastelo

Vigo

Pontevedra

Suprimir o concerto de EP (6 unidades)

Suprimir o concerto de ESO: 2 unidades de (1º/2º) e 2 unidades

de (3º/4º)

Suprimir 16 horas de orientación

36025037

CPR Plurilingüe Las Acacias-Montecastelo

Vigo

Pontevedra

Concertar 12 unidades de EP

Concertar 8 unidades de ESO: 4 unidades

de (1º e 2º) e 4 unidades de (3º e 4º)

Total de horas de orientación 25

c) Educación especial.

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

27006243

CPR María Auxiliadora

Lugo

Lugo

Incrementar o concerto en 1 unidade-plurideficientes

32008446

CPR Concepción Arenal

Ourense

Ourense

Incrementar o concerto en 1 unidade-psíquicos

36000429

CPR Plurilingüe La Encarnación

Caldas de Reis

Pontevedra

Concertar 1 unidade-plurideficientes

36016115

CPR Eduardo Pondal

Cangas

Pontevedra

Incrementar o concerto en 1 unidade-psíquicos

36003960

CPR Plurilingüe Padres Somascos

Guarda, A

Pontevedra

Concertar 1 unidade-plurideficientes

36004113

Sagrado Corazón

Lalín

Pontevedra

Concertar 1 unidade-plurideficientes

d) Formación profesional básica.

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15020431

CPR Agarimo

Arteixo

Coruña, A

Concertar o 1º curso do ciclo de Cociña e Restauración (1 unidade)

15032431

CPR Aula Nosa

Coruña, A

Coruña,A

Concertar o 1º curso do ciclo de Informática de Oficina (1 unidade)

15026649

CPR Divino Maestro

Pobra do Caramiñal, A

Coruña, A

Concertar o 1º curso de Servizos Administrativos (1 unidade)

36018033

CPR Plurilingüe Vigo

Redondela

Vigo

Concertar o 1º curso de Servizos Comerciais (1 unidade)

e) Ciclos formativos de grao medio de formación profesional.

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15004265

CPR Plurilingüe Liceo La Paz

Coruña, A

Coruña, A

Concertar o 1º curso do ciclo Emerxencias Sanitarias (1 unidade)

15010769

CPR Plurilingüe María Assumpta

Noia

Coruña, A

Suprimir o concerto do 2º curso do ciclo Xestión Administrativa (1 unidade)

36011191

CPR Plurilingüe Montecastelo

Vigo

Pontevedra

Suprimir o concerto de 1º e 2º

curso do ciclo Sistemas

Microinformáticos e Redes (2 unidades)

Suprimir o concerto de 1º e 2º

cursos do ciclo de Instalacións

Eléctricas e Automáticas (2 unidades)

36025037

CPR Plurilingüe Las Acacias-Montecastelo

Vigo

Pontevedra

Concertar 1º e 2º curso do ciclo

Sistemas Microinformáticos e

Redes (2 unidades)

Concertar 1º e 2º curso do ciclo

Instalacións eléctricas e

automáticas (2 unidades)

f) Ciclos formativos de grao superior de formación profesional.

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15021974

EFAG Fonteboa

Coristanco

Coruña, A

Concertar 2º curso do ciclo de Paisaxismo e Medio Rural

15010769

CPR Plurilingüe María Assumpta

Noia

Coruña, A

Concertar o 2º curso do ciclo Xestión de Vendas e Espacios Comerciais (1 unidade)

27011718

CPR Belarmino Fernández Iglesias

Sober

Lugo

Concertar o 2º curso do ciclo de Vitivinicultura (1 unidade)

36005427

CPR Plurilingüe Lar

Mos

Pontevedra

Concertar o 2º curso do ciclo de Ensinanza e Animación Sociodeportiva (1 unidade)

Concertar o 1º curso do ciclo de Integración Social (1 unidade)

36011191

CPR Plurilingüe Montecastelo

Vigo

Pontevedra

Suprimir o concerto de 1º e 2º

curso do ciclo Automatización e

Robótica Industrial (2 unidades)

36025037

CPR Plurilingüe Las Acacias-Montecastelo

Vigo

Pontevedra

Concertar 1º e 2º curso do ciclo

Automatización e Robótica

Industrial (2 unidades)

ANEXO II

Solicitudes de modificación ou subscrición desestimadas

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

Centro de Formación Profesional San Eloy

Vigo

Pontevedra

Non existe necesidade de concerto destas ensinanzas; non dispoñibilidade orzamentaria, segundo os artigos 7 e 17 da Orde do 14 de marzo de 2017

Amadahi

Oleiros

Coruña, A

O centro non dispón de autorización de apertura e funcionamento, segundo o artigo 3 da Orde do 14 de marzo de 2017

36016152

Divino Maestro

Vigo

Vigo

O centro non dispón de autorización de apertura e funcionamento, segundo o artigo 3 da Orde do 14 marzo de 2017