Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 26 de agosto de 2019 Páx. 37608

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 294/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 294/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Pérez González contra Sitel Ibérica Teleservices, S.A., Global Sales Solutions Line Atlántico, S.L., Global Sales Solutions Line, S.L., Grupo Norte Agrupación Empresarial de Servicios, S.L., Gestión Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano, S.A., Fundación Publica Urxencias Sanitarias de Galicia-061, sobre recoñecemento de dereito, se acordou citar a Global Sales Solutions Line, S.L., Gestión Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano, S.A. e a Global Sales Solutions Line Atlántico, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, o día 3 de outubro de 2019, ás 10.05 e 10.10 horas, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e deberán acudir con todos os medios de proba de que se intenten valer, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselles saber que teñen ao seu dispor na oficina xudicial a cédula de citación, a copia da demanda e o decreto da súa admisión, e demais resolucións e documentos que constan no procedemento.

Advírtese lles as destinatarias de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretendan comparecer no acto de xuízo asistidas de avogado ou representadas tecnicamente por graduado social colexiado, ou representadas por procurador, porán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo co obxecto de que, unha vez trasladada esta intención á demandante, poida esta estar representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Global Sales Solutions Line, S.L., Gestión Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano, S.A. e a Global Sales Solutions Line Atlántico, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza