Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 26 de agosto de 2019 Páx. 37631

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2019, do Servizo Provincial de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de fomento da mobilidade sustentable. Senda na LU-621, treito A Pobra de San Xiao-Urbanización de Valdriz, clave LU/16/251.06, termo municipal de Láncara.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu número 2 a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 24 de abril de 2019, a Axencia Galega de Infraestruturas resolveu aprobar o proxecto de fomento da mobilidade sustentable. Senda na LU-621, treito A Pobra de San Xiao-Urbanización de Valdriz, de clave LU/16/251.06.

Con data do 9 de maio de 2019 a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de fomento da mobilidade sustentable. Senda na LU-621, treito A Pobra de San Xiao-Urbanización de Valdriz, no concello de Láncara (clave LU/16/251.06), mediante o Decreto 51/2019, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 98, do 24 de maio.

A tramitación do expediente expropiatorio debe de axustarse ao disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do seu regulamento do 26 de abril de 1957.

En consecuencia, este servizo, en virtude da Orde do 7 de setembro de 2017 sobre delegación de competencias no secretario xeral técnico e noutros órganos e entidades públicas adscritos a esta consellería, publicada no DOG núm. 179, do 20 de setembro, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do concello de Láncara, para que comparezan no lugar, data e hora que se detalla a continuación, co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Lugar: salón de plenos do Concello de Láncara.

Data: 11 de setembro de 2019.

Horario: das 10.00 ás 11.00 horas.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos no Concello de Láncara e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestuturas de Lugo (Edificio Administrativo, rolda da Muralla, nº 70, 27071 Lugo).

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, así como certificado de conta cos códigos IBAN e BIC, co fin de proceder aos sucesivos pagamentos que sexan procedentes mediante transferencia bancaria, podendo facerse acompañar pola súa conta, se o consideran oportuno dos seus peritos e notarios.

Lugo, 12 de agosto de 2019

O xefe do Servizo Provincial de Lugo
P.S. (Resolución do 17.7.2013)
Gonzalo Vázquez Cabo
Xefe de sección