Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 26 de agosto de 2019 Páx. 37648

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 29 de xullo de 2019, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de aprobación definitiva do instrumento de medidas provisionais de ordenación previsto no artigo 88 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación (expediente 16022/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión extraordinaria do día 24 de xullo de 2019, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Estimar as alegacións co número de documento: 180156975, 180156976, 180161813, 180161989, 180164133, 180164728, 180165479, 180165644, 180165695, 180165764, 180165870, 180166510, 180167195, 180175975, 180181735, 180182569, 180184209, 180184866, 180185889, 180186453, 180193982, 180196738, 180197818, 180198742, 180199173, 180199337, 180200544, 180201200, 180202491, 190000224, 190003273,190005142, 190005212, 190007578, 190007938, 190010117, 190018527, 190039010, estimar parcialmente as alegacións co número de documento 180165026, 180165068, 180187523, 180190412, 180198116, 190026973, e desestimar o resto segundo o informe sobre a alegacións presentadas durante o período de exposición ao público (anexo 6 do instrumento de ordenacion provisional).

Segundo. Aprobar definitivamente o instrumento de ordenación provisional redactado polos técnicos municipais da Xerencia Municipal de Urbanismo de data do 26.4.2019.

Terceiro. Publicar o presente acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia no prazo dun mes.

Cuarto. Publicar a normativa e ordenanzas do IOP no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Quinto. Levantar a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas de parcelamento, edificación e demolición nos ámbitos do territorio nos que as novas determinacións supuxesen a modificación da ordenación urbanística vixente, nos termos previstos na lexislación vixente e de acordo co reflectido no resumo executivo incorporado ao instrumento de ordenación provisional inicialmente aprobado.

Sexto. Contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Un exemplar do documento definitivamente aprobado será remitido, en soporte dixital e debidamente dilixenciado, á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

O contido íntegro do instrumento definitivamente aprobado poderá consultarse no seguinte enderezo electrónico:

http://hoxe.vigo.org/movemonos/urb_plan_gest_1aa.php

Vigo, 26 de abril de 2019

O presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo
P.D. (Resolución do 11.7.2019)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo