Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 27 de agosto de 2019 Páx. 37735

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 7 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, de traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación da instalación eléctrica LAT 132 kV subestación PE Carracedo-subestación Meira a subestación PE Farrapa I, Farrapa II, Neda (expediente IN407A 2017/2-0).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio notifícase ás persoas interesadas o traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación da instalación eléctrica LAT 132 kV subestación PE Carracedo-apoio número 16 LAT 132 kV apoio número 35 LAT subestación Mondoñedo-subestación Meira a subestación PE Farrapa I, Farrapa II, Neda, no concello da Pastoriza, segundo se sinala no cadro anexo.

Lugo, 7 de agosto de 2019

A xefa territorial de Lugo
P.A. (Decreto 135/2017, do 28 de decembro)
Patricia Dans Grela
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica

ANEXO

Expediente: IN407A 2017/2-0.

Denominación: instalación eléctrica LAT 132 kV subestación PE Carracedo-Apoio número 16 LAT 132 kV apoio número 35 LAT subestación Mondoñedo-subestación Meira a subestación PE Farrapa I, Farrapa II, Neda.

Traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación.

Predio

Polígono

Parcela

Propietario

35

2

42

Felicitas Paz Seco