Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 28 de agosto de 2019 Páx. 37765

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, pola que se resolve a adxudicación, en réxime de concorrencia competitiva, de equipamentos de emerxencias a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupación de concellos galegos, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

Mediante a Orde do 26 de febreiro de 2019 (DOG núm. 54, do 18 de marzo), a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, convocou unha liña de subvencións para o ano 2019, que establecía as bases reguladoras para a adxudicación de equipamento de emerxencia, en réxime de concorrencia competitiva, aos concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupación de concellos galegos, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Vista a proposta de resolución da comisión avaliadora, de data 21 de xuño de 2019 e en aplicación dos artigos 9, 10 e 11 da referida orde,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicar aos concellos, mancomunidades ou agrupación de concellos galegos que se relacionan no anexo da presente resolución, o equipamento de emerxencia que se indica no dito anexo, de acordo á puntuación total obtida polos solicitantes.

Este proxecto que se corresponde co programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, eixe 5 «Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos» e prioridade do investimento, 5.2. «Fomento do investimento para facer fronte a riscos específicos, garantindo unha resiliencia fronte a catástrofes desenvolvendo sistemas de xestión de catástrofes».

Segundo. Establecer unha lista de reserva conformada por todos os solicitantes admitidos co fin de redistribuír o equipamento non adxudicado, por renuncia dalgún beneficiario ou pola posible adquisición de máis equipamento. Esta redistribución será, se é o caso, elevada posteriormente ao órgano competente para resolver.

No reparto deste material terase en conta a puntuación total acadada por cada entidade e a non obtención de equipamento da mesma especie na primeira adxudicación, en todo caso, esta segunda asignación non afectará á distribución inicial do equipamento entre as entidades solicitantes.

Terceiro. De conformidade co disposto no artigo 12.e) da Orde do 26 de febreiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2019 para a adxudicación de equipamentos de emerxencias, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, o/a alcalde/sa do concello, presidente/a da mancomunidade ou representante da agrupación de concellos, ao cal se lle conceda o equipamento solicitado, disporá dun prazo de dez días hábiles, contados a partir da recepción da comunicación individual da resolución favorable, para a súa aceptación ou renuncia.

Unha vez manifestada por parte da entidade beneficiaria a aceptación da subvención en especie concedida nesta resolución, asinarase a acta de cesión do equipamento concedido.

O prazo estimado para a sinatura da acta de cesión relativa ás liñas 1 e 2 (vehículos todo terreo tipo pick-up e remolques para a atención ás emerxencias), será de tres meses contados desde a data de recepción daquela.

Non obstante, este prazo podería verse incrementado en función dos prazos de entrega do equipamento previstos nos correspondentes contratos, derivados do procedemento para a contratación da subministración de equipamento para as emerxencias destinado aos concellos de menos de 50.000 habitantes que teñan agrupación de voluntarios de protección civil, expediente de contratación número 2019-SUEI 01-02-03/EM (número de referencia contable 2018-05-1908), procedemento ordinario, por importe de 1.025.709,50 euros (IVE incluído), publicado no DOUE do 29.12.2018.

En canto á sinatura da acta de cesión relativa á liña 3 (tendas de campaña para emerxencias), cómpre indicar que, como consecuencia da Resolución número 165/2019 do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia, pola que se anula o acordo de adxudicación do lote 3 do expediente de contratación 2019-SUEI 01-02-03/EM (número de referencia contable 2018-05-1908), procedemento aberto e tramitación ordinaria, resultou preciso iniciar un novo expediente de contratación (número 2019-SUEI 05/EM), polo que a resolución de concesión relativa á dita liña quedará condicionada á finalización do novo expediente de contratación e á efectiva adquisición do dito equipamento, quedando demorada, en consecuencia, a data prevista para a sinatura da correspondente acta de cesión.

Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2019

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Prov.

NIF

Concellos/mancomunidades/agrupación concellos

Equipamento de emerxencia

OU

P8202502D

Mancomunidade Terras de Celanova

Tenda campaña

PO

P8605705F

Mancomunidade do Val Miñor

Tenda campaña

PO

P3603000E

Agrupación concellos Oitavén-Tea

Tenda campaña

OU

P3203000I

Chandrexa de Queixa

Tenda campaña

LU

P2706500B

Vilalba

Tenda campaña

PO

P3604500C

Redondela

Tenda campaña

CO

P1505300B

Muxía

Tenda campaña

OU

P3203500H

Gudiña, A

Tenda campaña

CO

P1500200I

Ames

Remolque emerxencias

CO

P1507100D

Pontes de García Rguez., As

Tenda campaña

PO

P3606000B

Vilagarcía de Arousa

Tenda campaña

PO

P3600048G

Cerdedo-Cotobade

Tenda campaña

OU

P3206400H

Pobra de Trives, A

Tenda campaña

CO

P1500500B

Arteixo

Tenda campaña

CO

P1500800F

Bergondo

Tenda campaña

OU

P3207100C

San Xoán de Río

Todo terreo pick-up

CO

P1506800J

Pobra do Caramiñal, A

Remolque emerxencias

OU

P3204500G

Manzaneda

Tenda campaña

LU

P2703500E

Negueira de Muñiz

Remolque emerxencias

CO

P1505900I

Oleiros

Tenda campaña

PO

P3604100B

Poio

Tenda campaña

OU

P3202700E

Coles

Tenda campaña

LU

P2703000F

Mondoñedo

Tenda campaña

OU

P3208400F

Veiga, A

Tenda campaña

OU

P3203700D

Xunqueira de Ambía

Remolque emerxencias

LU

P2705300H

Ribeira de Piquín

Todo terreo pick-up

CO

P1504900J

Miño

Tenda campaña

LU

P2703100D

Monforte de Lemos

Tenda campaña

OU

P3200200H

Allariz

Tenda campaña

OU

P3204400J

Maceda

Tenda campaña

PO

P3602600C

Marín

Tenda campaña

CO

P1503600G

Fene

Tenda campaña

CO

P1507300J

Rianxo

Tenda campaña

LU

P2701200D

Cervantes

Remolque emerxencias

CO

P1502800D

Corcubión

Tenda campaña

LU

P2701600E

Chantada

Tenda campaña

CO

P1502200G

Cedeira

Todo terreo pick-up

CO

P1502300E

Cee

Remolque emerxencias

CO

P1503100H

Culleredo

Remolque emerxencias

OU

P3208700I

Viana do Bolo

Remolque emerxencias

CO

P1502000A

Carnota

Todo terreo pick-up

OU

P3205200C

Muíños

Remolque emerxencias

OU

P3201400C

Boborás

Todo terreo pick-up

CO

P1504300C

Lousame

Remolque emerxencias

LU

P2702700B

Lourenzá

Remolque emerxencias

LU

P2705000D

Quiroga

Remolque emerxencias

LU

P2706400E

Vicedo, O

Remolque emerxencias

LU

P2705900E

Sober

Remolque emerxencias

LU

P2704000E

Palas de Rei

Remolque emerxencias

PO

P3604800G

Rosal, O

Todo terreo pick-up

CO

P1506100E

Oroso

Remolque emerxencias

LU

P2706100A

Trabada

Todo terreo pick-up

OU

P3201900B

Carballeda de Avia

Remolque emerxencias

OU

P3203200E

Esgos

Remolque emerxencias

OU

P3207900F

Sarreaus

Todo terreo pick-up

OU

P3201600H

Bolo, O

Remolque emerxencias

OU

P3201200G

Beariz

Todo terreo pick-up

CO

P1506500F

Paderne

Remolque emerxencias

OU

P3205600D

Paderne de Allariz

Remolque emerxencias

CO

P1509400F

Zas

Todo terreo pick-up

CO

P1502100I

Carral

Todo terreo pick-up

LU

P2702400I

Incio, O

Todo terreo pick-up

OU

P3208900E

Vilamartín de Valdeorras

Todo terreo pick-up

OU

P3209300G

Vilariño de Conso

Todo terreo pick-up

CO

P1509000D

Vedra

Todo terreo pick-up

OU

P3201500J

Bola, A

Todo terreo pick-up