Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 28 de agosto de 2019 Páx. 38088

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador INC-LU-0013/2019-BIO.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación sen que puidese practicar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 12 de agosto de 2019

A xefa territorial de Lugo
P.S. (Resolución do 1 de xullo de 2019)
María Pérez Folgueira
Xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias

ANEXO

Expediente: INC-LU-0013/2019-BIO.

DNI: 33994738W.

Acto notificado: proposta de resolución.