Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 28 de agosto de 2019 Páx. 38037

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1946/2019 MRA).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 1946/2019 MRA

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 490/2018 Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

Recorrente: Tania Álvarez Vuelta

Avogado: Carlos Alonso Piñeiro

Recorridos: Fogasa, Náñez Rodríguez Thais

Avogados: letrado de Fogasa (...)

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1946/2019 desta sección, seguido por instancia de Tania Álvarez Vuelta contra Fogasa, Náñez Rodríguez Thais, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Desestimamos o recurso de suplicación interposto por Tania Álvarez Vuelta fronte á Sentenza do 30 de xaneiro de 2019 ditada nos autos número 490/2018 de reclamación de cantidade –aclarada por auto do 10 de abril de 2019–, seguidos fronte a Thais Náñez Rodríguez, que confirmamos. Sen custas.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguido de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Náñez Rodríguez Thais, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de agosto de 2019

A letrada da Administración de xustiza