Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 29 de agosto de 2019 Páx. 38250

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 147/2019).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento 147/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Dolores Blanco Lousame, se ditou a seguinte resolución:

«Elena Calleja Curros, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3, unha vez visto este despedimento/cesamentos en xeral 147/2019, por instancia de María Dolores Blanco Lousame contra Innovis Laboratorios, S.L., Novocat Farma, S.A., Adriana Leonor Rizzo Tamaro, Innovis Farma, S.L. e Fogasa, en nome do rei, pronunciou a seguinte sentenza.

Resolvo:

Estímase a demanda de resolución contractual contra Novocat Farma, S.A., Innovis Farma, S.L., Adriana Leonor Rizzo Tamaro e Innovis Laboratorios, S.L., e en consecuencia:

1. Declárase extinguida, con data desta resolución, a relación laboral que une a parte demandante coas empresas codemandadas.

2. Condénanse as demandadas a aboarlle solidariamente á parte demandante a cantidade de 4.373,42 euros en concepto de indemnización por extinción da relación laboral.

Condénanse as demandadas a aboarlle solidariamente á parte demandante 23.134,54 euros en concepto de salarios, cos xuros de demora do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET).

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a condena nesta instancia e deberase observar o que resulte de aplicación do artigo 33 do ET, con notificación desta resolución».

Para que sirva de notificación en legal forma a Innovis Laboratorios, S.L. e Innovis Farma, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2019

A letrada da Administración de xustiza