Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 29 de agosto de 2019 Páx. 38243

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 176/2017).

Declaración de insolvencia.

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 176/2017, por instancia de Benigno Costoya Carballo, contra o executado Sausto Alén Quiroga, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 23 de xullo de 2019 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia parcial, por importe de 2.109,40 euros de principal, máis 724,99 euros en concepto de xuros de mora, máis 445,23 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza