Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase do traslado das follas de valoración da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT y RBT O Cepo, O Lago e Portocavado, no concello de Sobrado (expediente IN407A 2015/298-1), correspondentes o predio e á titularidade que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 16 de agosto de 2019
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2015/298-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMT, CT e RBT O Cepo, O Lago e Portocavado.
Concello: Sobrado.
Predio |
Lugar |
Concello |
Titularidade proposta |
24 |
Revoltón |
Sobrado |
Herdeiros de Carmen Brañas Pandelo |