Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 30 de agosto de 2019 Páx. 38402

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 16 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se publica a resolución de outorgamento da concesión de explotación derivada do permiso de investigación Xanceda 7138.

A Xefatura Territorial da Coruña fai saber que, pola Resolución do 23 de xullo de 2019 da Consellería de Economía, Emprego e Industria, foi outorgada a concesión de explotación derivada de permiso de investigación de recursos mineiros da sección C, Xanceda 7138, de 25 cuadrículas mineiras, nos termos municipais de Frades e Mesía, provincia da Coruña, por un período de trinta anos.

En cumprimento das obrigacións de publicidade recollidas no artigo 29 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, esta resolución poderá examinarse no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria: https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/autorizacions-administrativas/instalacions-mineiras

A Coruña, 16 de agosto de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña