Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 30 de agosto de 2019 Páx. 38431

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de orde de execución de limpeza de predios (expediente URB 32/2019-1236/2019).

Unha vez ditada orde de execución para a xestión da biomasa en determinadas parcelas do polígono 2 das Mariñas, Mougás, no termo municipal de Oia (Pontevedra), e ao resultar descoñecido o enderezo da titular da parcela 43 do polígono 2 (ref. catastral 36036A002000430000QP), en aplicación do disposto no artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (última redacción dada pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación de referencias de expediente e referencia catastral da parcela afectada co fin de poder continuar o procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte os incendios forestais. En caso de incumprimento das ordes ditadas contra os responsables, advírtese de execución subsidiaria por conta do interesado, conforme o disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución está ao dispor dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Interesada

Referencia catastral

URB/32/2019 (1236/2019)

María Perez Castro;

enderezo descoñecido

36036A002000430000QP

Parcela 43, polígono 2

As Mariñas-Mougás

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 14 de agosto de 2019

Carmen Estévez Adrover
Alcaldesa en funcións