Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 2 de setembro de 2019 Páx. 38543

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2019, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 10C (emisorista de defensa contra incendios forestais), correspondente ao grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Na sesión que tivo lugar o día 18 de xullo de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 17 de decembro de 2018 (DOG núm. 4, do 7 de xaneiro), modificada polas ordes do 7 de febreiro de 2019 (DOG núm. 33, do 15 de febreiro), 1 de marzo de 2019 (DOG núm. 49, do 11 de marzo) e 8 de abril de 2019 (DOG núm. 75, do 17 de abril), acordou, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptar os seguintes acordos:

Primeiro. Anular, con base nas alegacións presentadas, a pregunta número 50, que pasa a ser substituída pola pregunta de reserva número 51.

Segundo. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Terceiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación de vinte (20) puntos, fixándose en 20 o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na dita base da convocatoria.

Cuarto. Realizar os trámites oportunos para publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 10C (emisorista de defensa contra incendios forestais), correspondente ao grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (DOG núm. 182, do 25 de setembro), no lugar onde se realizou o exercicio e na páxina web da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.gal).

Quinto. De conformidade co disposto na base II.1.1.2, as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio e que non figuren na listaxe publicada pola Dirección Xeral da Función Pública no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal de persoas aspirantes que teñen acreditada a posesión do Celga requirido en calquera procedemento competencia da dita dirección xeral, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentar os documentos que xustifiquen a exención de realizar o segundo exercicio do proceso selectivo.

Sexto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da orde da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sétimo. De conformidade coa base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2019

Ángel Romero Baleirón
Presidente do tribunal