Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 2 de setembro de 2019 Páx. 38568

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 13 de agosto de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 31 de maio de 2019 (DOG núm. 107), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, así como na Resolución deste tribunal do 4 de xullo de 2019, superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos, puntuación que equivale a sesenta e catro con trescentas trinta e tres (64,333) unidades de puntuación. Para estes efectos, fíxase en corenta e oito (48) o número de aspirantes que superaron o exercicio, ao teren acadado as mellores puntuacións e como mínimo 60 unidades de puntuación, e unha vez feitas as deducións previstas na citada base.

Segundo. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas presentadas ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a persona titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2019

Sonia Lafont Sendino
Presidenta do tribunal