Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 2 de setembro de 2019 Páx. 38528

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 29 de xullo de 2019 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016.

Unha vez rematado o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (DOG núm. 85, do 4 de maio), e realizado o acto de elección de destino provisional previsto na Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 135, do 17 de xullo), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,

DISPÓN:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidades de química, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta orde, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais os que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta orde deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior
da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de química

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Codigo do posto

Cons.

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro directivo

Centro de destino

Concello

Titulación

Formación

1

***7232**

López Souto, María Dolores

12

MR3010050715010014

MR

Responsable técnico de análises e residuos

A1

25

Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes

Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia (Mabegondo, A Coruña)

Abegondo

Licenciado/a en ciencias químicas

Experiencia en técnicas analíticas instrumentais (2 anos) (R.I.).