Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 2 de setembro de 2019 Páx. 38594

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para tres prazas de persoal.

Prazas: 1 técnico/a sistemas Big Data (referencia PEJ-19-TS1).

1 técnico/a aplicacións (referencia PEJ-19-TAPP1).

1 técnico/a aplicacións (referencia PEJ-19-TAPP2).

Proxecto que se vai desenvolver: Promoción de emprego xuvenil e implantación da garantía xuvenil en I+D+i para soporte de sistemas Big Data e para soporte de aplicacións científico-técnicas de altas prestacións nas áreas de simulación e de machine learning.

Modalidade contractual: contratos temporais a xornada completa para a realización de proxecto específico de investigación científica e técnica regulado polo disposto na lexislación vixente que resulte de aplicación e, en particular, polos artigos 12 e 15 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores. Estes contratos están cofinanciados polo Ministerio de Ciencia Innovación e Universidades a través da convocatoria 2018 das axudas para a promoción de emprego xuvenil e implantación da garantía xuvenil en I+D+i da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

As bases do proceso selectivo están expostas na sede da Fundación Cesga (avenida de Vigo, s/n, Edificio Cesga), Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela e na páxina web (http://www.cesga.gal/ofertas_emprego/).

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo publicaranse na páxina web da Fundación Cesga.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2019

Mauro Fernández Dabouza
Director xerente da Fundación Cesga