Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 2 de setembro de 2019 Páx. 38591

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondariz-Balneario

ANUNCIO da convocatoria e publicación das bases, no marco do proceso de estabilización de emprego temporal, para cubrir unha praza de encargado/a OMIX/Servizos culturais para o Concello de Mondariz-Balneario, mediante sistema de concurso-oposición.

Pola Resolución da Alcaldía do 3 de xullo de 2019 aprobáronse as bases e a convocatoria, no marco do proceso de estabilización de emprego temporal, para cubrir unha praza de encargado/a OMIX/Servizos culturais para o Concello de Mondariz-Balneario, persoal laboral fixo, a tempo parcial, mediante sistema de concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 134, do 15 de xullo de 2019, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos do concello.

Mondariz-Balneario, 17 de xullo de 2019

José Antonio Lorenzo Rodríguez
Alcalde