Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 3 de setembro de 2019 Páx. 38632

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se lle dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 31 de xullo de 2019, o Tribunal nomeado pola Orde do 1 de marzo de 2019 (DOG núm. 48, do 8 de marzo), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. Advertidos erros na resolución deste tribunal do 23 de xullo de 2019, cómpre deixar sen efecto o punto cuarto da devandita resolución.

Segundo. Manter o resto dos acordos da devandita resolución.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2019

Dámaso Pérez Vale
Presidente do tribunal