Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 3 de setembro de 2019 Páx. 38656

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 21 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do recurso de reposición interposto contra o acordo da procedencia do reintegro do expediente da subvención á contratación indefinida inicial de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil TR349I 2016/87-1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado ao titular da empresa citada no anexo, sen que fose posible, polo que se lle notifica por medio deste anuncio o acordo de procedencia do procedemento de reintegro no correspondente expediente de subvención.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A interesada dispón do prazo de dous (2) meses, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Lémbraselle o seu dereito para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 21 de agosto de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Empresa

NIF

Concello

Materia

Data
resolución

TR349I 2016/87-1

Genelva Cozar Blanco

***0665**

Narón

Subvención á contratación indefinida inicial

13.6.2019