Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 4 de setembro de 2019 Páx. 38759

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comandancia da Garda Civil de Pontevedra

ANUNCIO de poxa pública de armas.

Os días 30 de setembro e 1, 2, 3 e 4 do mes de outubro de 2019, no horario de 9.00 a 13.00 horas, terá lugar nas dependencias da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, sita na avenida Domingo Fontán, nº 6, Poio (Pontevedra), unha poxa pública de 520 escopetas, 19 rifles, 34 carabinas de tiro deportivo, 71 pistolas, 50 revólveres e 1 arma de avancarga polo procedemento de prego pechado.

A apertura dos sobres coas ofertas e a adxudicación das armas farase o día 7 de outubro de 2019, a partir das 9.00 horas, no citado acuartelamento.

Poio, 19 de agosto de 2019

Simón Venzal Contreras
Coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra