Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 6 de setembro de 2019 Páx. 38997

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal sanitario diplomado (coordinador/a de Servizo de Atención Primaria).

Convocada por Resolución do 13 de xuño de 2019 (DOG núm. 127, do 5 de xullo) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de coordinador/a de Servizo de Atención Primaria, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal sanitario diplomado (coordinador/a de Servizo de Atención Primaria), anunciado por Resolución do 13 de xuño de 2019 (DOG núm. 127, do 5 de xullo).

Segundo. Nomear no posto que se indica a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Vigo, 20 de agosto de 2019

Julio García Comesaña
Xerente de Xestión Integrada de Vigo

ANEXO

Posto de traballo: coordinador de Servizo de Atención Primaria da Cañiza.

Nome e apelidos: José María Gómez Rodríguez.

DNI: 34918400F.