Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 6 de setembro de 2019 Páx. 38974

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 13 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2019-2021 e se procede á primeira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para os exercicios 2019-2020 (código de procedemento TR301P), e se establecen as bases do Programa de incentivos á actividade laboral vinculada ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata para os exercicios 2020-2021 (código de procedemento TR349X).

BDNS (Identif.): 471964.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, e as agrupacións temporais de empresas que presenten solicitude conxunta, mediante un convenio que acredite a correspondente agrupación.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto proceder á convocatoria pública de subvencións, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para o financiamento das accións formativas para o emprego con compromiso de contratación en unidades formativas nas empresas e da actividade laboral asociada, dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas, a través dos seguintes programas:

a) Programa de financiamento de accións formativas con compromiso de contratación inmediata (TR301P). Trátase dunha nova orde de convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva.

b) Programa de incentivos á actividade laboral vencellada ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata (TR349X). Trátase das bases reguladoras do programa.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 13 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2019-2021 e se procede á primeira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para os exercicios 2019-2020 (código de procedemento TR301P), e se establecen as bases do Programa de incentivos á actividade laboral vinculada ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata para os exercicios 2020-2021 (código de procedementoTR349X).

Cuarto. Importe

As axudas recollidas no capítulo II desta orde de convocatoria financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.41.323A.471.0, código de proxecto 2013 00545, cun crédito de 1.000.000 euros para o ano 2019 e de 2.000.000 euros para o ano 2020.

As axudas recollidas no capítulo III desta orde de convocatoria, correspondentes ao Programa de incentivos á actividade laboral vencellada ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata (procedemento TR349X), financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria establecida en cada convocatoria anual dos incentivos.

Quinto. Prazo de presentación das solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes das axudas correspondentes ao Programa de financiamento de accións formativas con compromiso de contratación inmediata (procedemento TR301P) será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente convocatoria.

No caso das axudas correspondentes ao Programa de incentivos á actividade laboral vencellada ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata (procedemento TR349X), o prazo de presentación virá determinado en cada convocatoria anual dos incentivos.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2019

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria